Xunta de Galicia

A Xunta inviste preto de 94.000 euros na mellora da accesibilidade do CEIP Plurilingüe Virxe do Mar

A Xunta inviste preto de 94.000 euros na mellora da accesibilidade do CEIP Plurilingüe Virxe do Mar

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o centro naronés onde supervisou as obras de instalación dun ascensor acometidas pola Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o CEIP Plurilingüe Virxe do Mar, en Narón, para supervisar as obras de instalación dun ascensor nas que a Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades investiu 93.600 euros.Neste centro optouse por instalar un ascensor adaptado con capacidade para oito persoas na fachada posterior do centro. Coa fin de interferir o menos posible na fachada, axustouse o acceso desde o ascensor ao interior do centro ao oco dunha das xanelas xa existentes de xeito que non fora necesario reconstruír parte da fachada.“Este investimento, ao igual que os que se levaron a cabo no CPI O Feal e CEIP A Gándara e Pazos para a instalación doutros catro ascensores, son un exemplo do compromiso da Xunta cunha educación pública de calidade que inclúe a mellora das instalacións coa fin de garantir que os escolares dispoñan duns espazos confortables, seguros e accesibles nos que desenvolver a súa aprendizaxe”, sinalou Aneiros.A Xunta investirá, tamén, outros 71.300 euros na mellora da accesibilidade no CEIP San Isidro (Neda), cuxa licitación acaba de publicar no portal

e que supón unha mellora de preto de 12.000 euros con respecto á primeira licitación que quedou deserta.Este colexio está composto de dúas plantas, baixa e primeira, onde a diferenza de cota entre a rúa e a planta baixa sálvase por medio dunha rampla. Neste caso, o ascensor proxéctase fóra da envolvente actual do inmoble debido á complexidade construtiva de introducilo polo interior do edificio, xa que obrigaría a intervir na estrutura do mesmo coa apertura de ocos nos forxados e o consecuente reforzo dos mesmos e dos pórticos.Estas actuacións están incluídas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está modernizando os centros de ensino, converténdoos en instalacións máis eficientes, sostibles e axustadas ás necesidades educativas actuais.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados