Xunta de Galicia

A Xunta mantén aberto o prazo para que os concellos se acollan ás novas axudas para habilitar viviendas dirixidas a persoas sen fogar

A Xunta mantén aberto o prazo para que os concellos se acollan ás novas axudas para habilitar viviendas dirixidas a persoas sen fogar

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Destínanse 5,7 millóns de euros a esta convocatoria, que permanecerá aberta ata o vindeiro día 5 de agosto

O importe máximo por proxecto será de 72.000 euros e se financiarán as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro deste ano e o 31 de outubro de 2025

A Xunta mantén aberto ata o vindeiro día 5 de agosto o prazo para que os concellos se acollan á nova orde de axudas para realizar actuacións de rehabilitación e equipamento de edificacións para vivendas destinadas á atención de persoas sen fogar. O orzamento desta convocatoria é de 5,7 millóns de euros e realízase no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea (NextGenerationEU).As bases que regulan estas achegas pódense consultar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do día 3 do pasado mes de xullo. O importe máximo por proxecto será de 72.000 euros: 47.000 para os traballos de reforma e acondicionamento, e 25.000 para o equipamento. Ademais, financiaranse as actuacións realizadas no período comprendido entre o 1 de xaneiro deste ano e o 31 de outubro de 2025.Galicia foi pioneira na atención ás persoas sen fogar coa posta en marcha dun plan específico para elas que o Executivo autonómico desenvolveu da man das administracións locais e de entidades de iniciativa social. Este plan dedícalle unha especial atención á área de vivenda, fixándose como obxectivo que as persoas sen teito conten cun fogar como paso inicial e básico para a súa reinserción social.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados