Xunta de Galicia

A Xunta mantén un encontro co novo equipo directivo do centro de menores Santo Anxo de Rábade

A Xunta mantén un encontro co novo equipo directivo do centro de menores Santo Anxo de Rábade

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A educadora María Lence é a nova directora en substitución de Óscar Viñas, que deixa o posto para formar parte da nova estrutura provincial da Xunta

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, mantivo esta mañá un encontro co novo equipo directivo do centro de protección de adolescentes Santo Anxo, en Rábade. A reunión serviu como presentación da nova directora destas instalacións, a educadora María Lence, que asume o posto en substitución de Óscar Viñas.O director xeral destacou que María Lence conta con formación especializada no eido da infancia e ata agora formaba parte do cadro de persoal deste centro. Así mesmo, lembrou que este cambio responde a que o anterior director, Óscar Viñas, pasou a integrar a nova estrutura provincial da Xunta en Lugo.Neste sentido, Jacobo Rey destacou que o Goberno galego apostou pola experiencia dunha persoa que xa coñece o funcionamento diario do centro. Así mesmo, puxo en valor a calidade asistencial da rede de protección a menores do Goberno galego que procura unha correcta atención dos nenos e adolescentes para que poidan transitar á vida adulta e realizar o seu proxecto de vida da maneira máis autónoma posible.Á presentación asistiron o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey; a nova directora do centro, María Lence (á dereita do director xeral); o director saínte e novo director territorial da Consellería de Política Social e Igualdade na provincia de Lugo, Óscar Viñas; e a coordinadora do centro, Asunción Veiga.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados