Xunta de Galicia

A Xunta pon en marcha o novo polo de sarria co que se amplía a Rede de emprendemento ata as 14 oficinas activas en dous anos para ofrecer asesoramento

A Xunta pon en marcha o novo polo de sarria co que se amplía a Rede de emprendemento ata as 14 oficinas activas en dous anos para ofrecer asesoramento

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

5 min lectura

José González sinalou que a apertura deste polo é un dos compromisos do Goberno galego adquiridos para os 100 primeiros días desta Lexislatura

Puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.000 proxectos empresariais desde xullo de 2022 dos que preto de 500 foron na provincia de Lugo

Destacou o traballo específico que prestan os profesionais desta iniciativa cos emigrantes galegos que buscan asentarse en Galicia e coas persoas que buscan a transmisión dun negocio

Lembrou que Galicia é Rexión Emprendedora Europea 2025 por actuacións innovadoras como é esta Rede, o Mapa do Emprendemento ou o proxecto piloto de coliving para darlle un pulo ao emprendemento no rural

A Xunta inaugurou hoxe un novo polo de emprendemento e de apoio ao emprego, o de Sarria, que supón o número 14 da Rede e o quinto na provincia de Lugo. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe na posta en marcha desta nova oficina na que se presta de xeito gratuíto apoio e asesoramento a calquera persoa que desexe emprender un negocio en Galicia o consolidar o que xa ten en funcionamento.González puxo en valor no acto, ao que tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, a iniciativa autonómica que arrancou en xullo de 2022 e que conta, polo tanto, con 14 polos activos, nos que xa se prestou asesoramento a máis de 2.000 proxectos empresariais en diferentes fases. O conselleiro avanzou que en vindeiras datas, ademais, a Rede seguira ampliándose cun novo laboratorio en Vilanova de Arousa, na provincia de Pontevedra.A apertura do polo de Sarria responde a uns dos compromisos adquiridos polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, nos primeiros 100 días desta Lexislatura e busca, ao igual que co resto da Rede, dar formación e información ás persoas emprendedoras que o precisen co fin de xerar máis emprego de calidade en Galicia, co foco posto no rural. A Rede de emprendemento, polo tanto, busca dinamizar a economía local e fomentar a iniciativa emprendedora na comunidade. Neste senso, sinalou que o obxectivo da Xunta é xerar un ecosistema de apoio aos emprendedores a través de, entre outras medidas, os polos que se configuran no rural e nas cabeceiras da comarca como o de Sarria.En palabras de González, as políticas de apoio ao emprendemento son clave para o desenvolvemento económico e social de Galicia e, por iso, explicou que é tan importante explorar e saber aproveitar as oportunidades de negocio que ofrece a comunidade galega, apoiando ás persoas que estean dispostas a facelo.Neste senso, comentou que os polos son oficinas “de éxito”e, así, indicou, que o avalan os datos. Nos centros da provincia de Lugo en funcionamento ata o de agora (Friol, A Fonsagrada, Mondoñedo e Monforte de Lemos) atendéronse en dous anos preto de 500 proxectos (483) de diferentes sectores, predominando a hostalería (23%), a agricultura, gandaría, silvicultura e pesca (12%) e o comercio (11%). Ademais, preto do 60% das persoas emprendedoras son mulleres, unha mostra máis, segundo o titular de Emprego, do talento feminino que hai en Galicia.José González puxo o foco no traballo que a Rede presta ás galegas e galegos e ás persoas de fóra que queiran asentarse en Galicia: de feito preto do 20% das persoas atendidas por toda a Rede ata o de agora proceden do estranxeiro. Subliñou, ademais, que tamén se está a prestar un asesoramento especializado aos emigrantes galegos do exterior que estean pensando retornar a súa terra cunha idea empresarial. “Estamos favorecendo o retorno a través da Rede de polos e a través desa planificación máis ampla que é a Estratexia Retorna e o programa Retorno Cualifica Emprego”, apuntou.Doutra parte, o conselleiro tamén salientou que do total das iniciativas empresariais que se asesoraron na Rede na provincia de Lugo, un 6% correspóndense con proxectos de remuda dos que en máis da metade dos casos búscase a transmisión do negocio porque o actual titular atópase preto da xubilación.Ao respecto, explicou que a Xunta ampliou o asesoramento que ofrece a Rede de polos a este tipo de circunstancias, poñendo en marcha un Plan de remuda co que se están a canalizar todos estes proxectos– xa son máis dun cento en toda Galicia– que precisan dunha transmisión, poñendo en contacto aos titulares dos negocios coas persoas que desexen coller ás súas rendas, facilitándolles ademais a transmisión.É un plan que se complementa con axudas económicas e co que se busca, en definitiva, garantir o mantemento dos negocios como dinamizadores do territorio.José González, por último, referiuse ao pulo que lle está a dar Galicia ao empredemento que acaba de ser merecedora do premio á Rexión Emprendedora Europea 2025 pola posta en marcha de medidas innovadoras como son, ademais da Rede de polos, o Mapa do Emprendemento virtual, con 190 entidades xa adheridas, que integrará todos os axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio en Galicia; ou varias axudas económicas que tamén vimos de ampliar.Outra das actuacións innovadoras de vertebración e cohesión do territorio nas que o Goberno galego traballa nestes intres é o proxecto piloto de coliving para darlle un pulo ao emprendemento no rural atraendo nómades dixitais, en colaboración coa asociación Sende, que xestiona no concello ourensán de Lobeira o primeiro espazo coliving de Europa.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados