Xunta de Galicia

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Ferrol con 87 prazas de estacionamento

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Ferrol con 87 prazas de estacionamento

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse a 781.500 euros

Diego Calvo destacou que a iniciativa contribúe a reducir o tráfico mediante o uso do coche compartido e do transporte público, para o que se habilitarán paradas de autobús

María Martínez Allegue subliña o compromiso da Xunta “para ofrecer aos galegos infraestruturas de calidade como opcións de desprazamento máis económicas e sostibles” e destaca o novo equipamento como “unha infraestrutura necesaria, funcional e de calidade”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitaron hoxe o novo aparcadoiro disuasorio que a Xunta vén de rematar en Ferrol, na contorna da estrada estatal FE–13, e que supuxo un investimento de 781.500 euros. O espazo sitúase na zona de San Xoán–Bertón e suma 87 prazas de aparcamento. No acto estivo tamén a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela.Diego Calvo enmarcou a iniciativa no propósito de reducir o tráfico nunha área estratéxica na entrada e saída da cidade de Ferrol, contribuíndo a implantar zonas de baixas emisións nas áreas urbanas galegas. O conselleiro incidiu en que se busca tamén impulsar o uso do transporte público, para o que se instalaron dúas marquesiñas coa previsión de habilitar proximamente paradas do autobús metropolitano. Así, habilitarase unha parada da liña 13 e estase a analizar a ampliación a outras con percorrido pola contorna para facilitar a mobilidade das persoas usuarias.Segundo sinalou, o aparcadoiro disuasorio ten como obxectivo fomentar a mobilidade sostible, facilitando un espazo onde deixar o automóbil de xeito cómodo e seguro e desprazarse, despois, compartindo coche ou en autobús cara ao lugar de estudos ou de traballo. Preténdese así afrontar os retos da mobilidade desde un enfoque integrador no social, responsable no ambiental e ambicioso no económico. Nesta liña, cómpre sinalar o investimento anual de máis de 100 millóns de euros no transporte público autonómico e as tarxetas de transporte metropolitano impulsadas pola Xunta con importantes bonificacións, como os descontos no autobús interubano e a gratuidade para menores de 21 anos e maiores de 65.Na visita, María Martínez Allegue puxo en valor a posta en funcionamento deste novo aparcadoiro como “unha mostra máis do compromiso deste Goberno para ofrecer aos galegos infraestruturas de calidade como opcións de desprazamento máis económicas e sostibles”.Subliñou o emprazamento do aparcadoiro ás portas do núcleo urbano de Ferrol “para que sexa máis cómodo para os condutores, sinxelo, práctico e seguro” e sinalou que ademais de fomentar o uso do vehículo compartido, o aparcadoiro contribuirá a reducir o tráfico polas rúas máis céntricas da cidade. Martínez Allegue cualificou o equipamento como “unha infraestrutura necesaria, funcional e de calidade”, e incidiu en que conta cun acceso exclusivo para peóns, así como na mellora levada a cabo na rúa Souto, onde se habilitaron beirarrúas na marxe dereita e se desprazou un paso de peóns cara á entrada do aparcamento, “para facilitar a permeabilidade do aparcamento disuasorio co barrio e a mellora de accesibilidade dos veciños”.A conselleira destacou tamén outras actuacións da Xunta en Ferrol, como o proxecto “Abrir Ferrol ao Mar”, que completará a transformación de toda a fachada urbana, marítima e portuaria, cun investimento de conxunto de Xunta e Concello de 11 M?. Subliñou a colaboración co Concello e lembrou que “Ferrol segue a mellorar e sempre terá o apoio da Xunta para continuar avanzando”.O recinto do novo aparcardoiro disuasorio ocupa 2.865 metros cadrados de superficie nunha explanada situada entre a estrada estatal FE–13 e a liña ferroviaria. Das 87 prazas habilitadas, tres están reservadas para persoas con mobilidade reducida e outras tres para vehículos eléctricos. A zona dotouse ademais de alumeado, e humanizouse con beirarrúas e vexetación autóctona.Esta actuación forma parte dos proxectos promovidos pola Xunta ao abeiro dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation UE.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados