Xunta de Galicia
A Xunta pon en valor entre a mocidade o patrimonio arqueolóxico de Galicia nos seus campamentos
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
A directora xeral de Xuventude visita en Muíños (Ourense) o complexo O Corgo, no que rapazada, de entre 12 e 15 anos, descobre dolmens e ruínas romanas da zona
Lara Meneses tamén se achega ao campamento xuvenil ‘Penedos de Xacinto’ que conta con obradoiros de teatro e propostas deportivas en Entrimo (Ourense)
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, achegouse está mañá a Muíños (Ourense) ao campamento
, no que están aloxados rapazada, entre 12 e 15 anos, e que puxo en valor como parte da estratexia do Goberno galego de levar a cabo un labor didáctico a prol do coñecemento e difusión entre a xente máis nova deste rico patrimonio.Lara Meneses lembrou que estes campamentos forman parte da campaña
da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e precisou que, no caso concreto desta actividade, ofrécense medio cento de prazas para poder coñecer o megalitismo da zona. Deste xeito, a rapazada que se aloxa no complexo O Corgo está a ter oportunidade de visitar os dolmens ao pé do Val do Salas, facer rutas de sendeirismo polo Val da Morte ou visitar as ruínas romanas
.Neste senso, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou a importancia deste tipo de accións desde o Goberno galego para “a posta en valor da arqueoloxía da nosa terra a través de actividades lúdicas coas que os rapaces e rapazas aprenden mentres que se divirten ao aire libre”. A directora xeral de Xuventude destacou que este campamento tamén leva a cabo propostas medioambientais como unha visita a Salgueiro para avistar as aguias reais, outras iniciativas relacionadas coa cultura popular, como facer pan nun forno ou xogos tradicionais, ademais de probas de resistencia e habilidade no circuíto Gladiator Race.A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude tamén se desprazou hoxe ao campamento xuvenil
de Entrimo (Ourense), que forma parte do programa
. Entre as propostas que se desenvolverá ata o día o 21 de agosto, con 100 rapaces de entre 9 e 13 anos de idade, realizará actividades relacionadas co teatro, como expresión corporal, ensaios, técnicas de circo, caracterización, maxia e equilibro.Lara Meneses tamén sinalou outras iniciativas de aventura e deporte que se están a desenvolver neste concello ourensán, como xogos cooperativos, tiro con arco, dinámicas na piscina, aula da natureza ou excursións. Deste xeito, destacou a oferta “lúdico formativa que se desenvolve en toda a Comunidade para que os rapaces galegos poidan gozar duns días diferentes e cheos de iniciativas fomentadas polo Goberno galego”.Lara Meneses fixo fincapé en que a Campaña de Verán da Xunta supón un recurso de conciliación da vida familiar e laboral, “sendo un referente en todo o Estado polo alto nivel das súas actividades”. “Así é que se converteu en destino preferente tanto para a mocidade galega como doutras comunidades autónomas e do estranxeiro”, aseverou.No caso concreto deste ano ofertáronse un total de 11.533 prazas
o que supón a maior oferta da historia destas actividades de verán que dependen da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.As opcións abranguen campamentos para mozos e mozas de entre 9 e 17 anos, actividades para maiores de 18 anos, minicampamentos, campos de voluntariado, o programa
para a mocidade galega no exterior e o uso das instalacións xuvenís xestionadas pola Xunta. Ademais, entre as novidades deste ano, está a oferta de novas propostas tanto nos campamentos como nos campos de voluntariado.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando