Xunta de Galicia
A Xunta pon en valor a obra de Néstor Goyanes coa mostra 'Soñar ao encontro: cartas ao mar'
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
A exposición, aberta ata o 25 de agosto, busca amosar a través dunha serie de gravados a memoria e as vivencias pasadas migratorias do artista
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe en Vigo a exposición Soñar ao encontro: cartas ao mar na que se pon en valor a obra artística de Néstor Goyanes. Trátase dunha mostra feita en colaboración co Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira que se poderá ver no Museo do Mar de Galicia ata o vindeiro 25 de agosto. Na apertura, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou a importancia de contar en Galicia “cunha mostra que ofrece un completo percorrido pola memoria familiar e social do artista arxentino”. “Este é o traballo dun artista cun importante labor no panorama artístico capaz de capturar esencias e emocións ao redor da temática da migración humana”, engadiu. A mostra dispoñible no museo xestionado pola Xunta en Vigo contén 16 pezas incluídas na serie Cartas ao mar e expresa o diálogo creativo entre o artista e os seus recordos a través de diferentes técnicas como a xilografía, a litografía, as colaxes e o stencil. Ademais, nesta exposición, as cartas cobran vida e actúan como un vínculo entre o pasado e o presente que fai reflexionar ao seu espectador.O artista Néstor Goyanes naceu no ano 1960 en Bos Aires. Comezou a súa andaina na litografía da man do mestre Rafael Gil e, desde o ano 1977, participa en exposicións de ámbito municipal, nacional ou internacional. Na actualidade conta con numerosos galardóns, sendo os máis recentes o Salón Manuel Belgrano (Arxentina, 2021) ou o Premio Mini Print Ciudad de Río Cuarto (Arxentina, 2023).
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando