Xunta de Galicia
A Xunta premia os mellores proxectos de investigación dos estudantes que cursan o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía
Publicado el - Actualizado
5 min lectura
As alumnas gañadoras pertencen aos institutos IES Plurilingüe Eusebio da Guarda da Coruña, IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago e IES Blanco Amor de Ourense
“Os premios demostran a calidade e o talento que atesouran os estudantes galegos e convido a afondar máis na formación STEM”, destaca o conselleiro
Como novidade, a partir do vindeiro curso, as universidades galegas recoñecerán con créditos a participación do alumnado de Bacharelato neste programa
A Xunta de Galicia vén de recoñecer este curso, por primeira vez, os mellores proxectos de investigación realizados polos centros educativos no marco do Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMBach, unha iniciativa que ten como finalidade impulsar a formación STEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) e as habilidades científico–tecnolóxicas, en especial no tratamento de datos e na incorporación da intelixencia artificial á sociedade, así como fomentar as vocacións neste eido entre os máis novos. Na xornada de hoxe, os nove mellores proxectos do programa de STEMBach, dos 61 desenvoltos, defenderon os seus traballos ante un xurado. Nesta parte avaliáronse criterios como a puntuación acadada na fase preliminar e, se a exposición está ben estruturada e organizada. Finalmente seleccionaranse os tres mellores proxectos de investigación. O titular do departamento educativo galego destacou que estes proxectos “demostran a calidade e o talento que atesouran os estudantes galegos e convido a afondar máis na formación STEM”.Os gañadores son o IES Eusebio da Guarda da Coruña co proxecto Novas dianas terapéuticas para o tratamento da artroses: un modelo con algas mariñas, realizado por Natalia Gómez e Ha Nul Kim; o IES Rosalía de Castro con Influencia das condicións meteorolóxicas na cantidade de raios cósmicos detectados na superficie, feito por Belén Carla Merino Pazos, e Tipo de redes neuronais: fundamentos teóricos e aplicacións, traballo de Aroa Álvarez, Andrea Dapena, Natalia Fernández e Alba Quintas, alumnas do IES Eduardo Blanco Amor. As premiadas, todas mulleres, irán de viaxe á feira SciFest de Dublín, en Irlanda.
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña)Natalia Gómez López e Ha Nul Kim YoumMaría Jesús MourazosValetina Calamia e Carlos Vaamonde–GarcíaNovas dianas terapéuticas para o tratamento da artroses: un modelo con algas mariñasIES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela)Belén Carla Merino PazosEnrique Cao RodríguezCristina Cabo LandeiraInfluencia das condicións meteorolóxicas na cantidade de raios cósmicos detectados na superficieIES Eduardo Blanco Amor (Ourense)Aroa Álvarez Pérez, Andrea Dapena Suárez, Natalia Fernández Valeiras e Alba Quintas NúñezCarlos Ferreiro GarcíaJosé Ángel Cid AraújoTipo de redes neuronais: fundamentos teóricos e aplicaciónsTodos os proxectos realizaron prácticas para coñecer as aplicacións reais da ciencia e a técnica, así como adquirir unha formación actualizada e autónoma que lles estimule para os futuros estudos universitarios.O xurado destacou a calidade dos proxectos que resultaron premiados así como do resto de finalistas, detallados a continuación:
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña)Medición da calidade lingüística de textos con técnicas de lingüística computacionalIES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña)Sistemas automáticos de recomendación de videoxogosIES Agra do Orzán (A Coruña)Sistema automático de recomendacións de videoxogosIES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (Lugo)Materiais construtivos e procesos de deterioro da Catedral de Lugo e Capela do CarmeIES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (Lugo)Estimación do sexo, idade e talla en restos óseos humanosCPR Plurilingüe Miralba (Vigo)Explorando ambientes extremos como fonte de microorganismos produtores de enzimas de interese industrialIES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela)Sensoxenómica, descifrando a melodía xenética da saúde e a enfermidadeSTEMbach é unha iniciativa que facilita a adquisición de competencias transversais como a creatividade, o emprendemento, a resolución de problemas, o traballo en equipo, o pensamento crítico e a cidadanía global. Ademais, o programa pon especial foco na redución da fenda de xénero, mellorando a presenza de mulleres en carreiras do ámbito STEM e técnicas.O titular do departamento galego, aproveitou esta xornada para destacar os bos resultados deste plan educativo. “O éxito da iniciativa pódese medir na calidade dos proxectos presentados e no volume de centros participantes, 45, e por ser cursado por 774 alumnos”, salientou. Os estudantes desenvolven un proxecto de investigación relacionado con calquera ámbito de recoñecemento de materias cursadas, que está codirixido por un docente pertencente a un departamento universitario ou entidade de investigación de Galicia e do que o alumno realiza unha defensa do traballo en sesión publica.No acto tamén participaron a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López, a vicerreitora de Estudantando e Empregabilidade da UVigo, Natalia Caparrini, e a responsable do STEMbach da UDC, Susana Ladra.A convocatoria do programa STEMBach para o vindeiro curso ten como novidade que as universidades recoñecerán con créditos ECTS a participación do alumnado de Bacharelato neste programa educativo. Grazas a iso, os estudantes que superen o STEMbach e se matriculen posteriormente nalgunha das universidades públicas galegas verá recoñecido con créditos de libre configuración gratuítos este mérito. En total, poderán obter 1,5 créditos ECTS por curso académico universitario, ata un máximo de 6 créditos ECTS. Este feito será aplicable tanto para os que titulen de aquí en diante como para os que xa o fixeron en cursos anteriores.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando