Xunta de Galicia
A Xunta promove un 'Festival da Luz' sostible ao tempo que pon en valor a excelencia do patrimonio natural de Galicia
Publicado el - Actualizado
4 min lectura
Paula Uría destaca as accións dirixidas á cativada para dar a coñecer os espazos naturais da comunidade e a súa diversidade así como outras para o público xeral de concienciación medioambiental como os espazos de recarga de vehículos e outros dispositivos eléctricos ou os contedores para a recollida selectiva de residuos
Martín Alemparte salienta o amplo programa de actividades programadas para poñer en valor os produtos agroalimentarios e as Experiencias de Calidade de Galicia
A directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Martín Alemparte, visitaron hoxe o posto que a Xunta ten no
co obxectivo de fomentar entre os asistentes prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente ao tempo que pon en valor o rico patrimonio natural co que conta Galicia. A maiores, tamén se enxalza a excelencia dos produtos agroalimentarios da comunidade.A representante da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático –que xunto á Consellería de Medio Rural financia as actividades promovidas no posto do Executivo galego– explicou que entre as accións programadas se atopan algunhas dirixidas á cativada co fin de enxalzar tanto os seis parques naturais cos que conta Galicia como o Parque Nacional marítimo–terrestre das Illas Atlánticas e que coñezan a súa localización e a diversidade de flora e fauna que alberga cada un deles.De feito, realízanse xogos informativos e formativos nos que, nalgúns casos, se entregarán agasallos aos participantes de acordo coa dificultade das probas superadas. Entre eles está un bingo infantil no que as nenas e nenos terán que marcar os animais e plantas que os monitores vaian nomeando ata conseguir facer liña ou, finalmente, bingo.Outra das actividades, denominada
, pretende consolidar os coñecementos adquiridos previamente pola cativada animándoa a situar as fichas de distintos animais e plantas no parque natural de Galicia que corresponda, para o que disporán dun mapa de grandes dimensións.Paula Uría lembrou que estas accións da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para poñer en valor o patrimonio natural de Galicia se engaden a outras xa desenvolvidas en edicións anteriores en colaboración coa organización do festival como un aparcadoiro de recarga de vehículos eléctricos ou un espazo para a recarga de dispositivos electrónicos mediante bicicletas que transforman a enerxía mecánica do pedaleo en enerxía eléctrica sostible.A maiores, destacou a directora xeral, a Xunta volve promover a recollida separada de residuos no recinto do festival coa instalación de varias illas con contedores para a recollida de distintos refugallos como papel–cartón, envases lixeiros ou a fracción resto.De xeito complementario, tamén se desenvolven accións de concienciación ambiental como talleres infantís, charlas formativas para adultos sobre a separación dos residuos, a proxección de consellos e prácticas sostibles para sensibilizar aos asistentes ou a presenza no festival do Espantallo da reciclaxe. Este personaxe percorrerá o recinto cunha carreta con contedores para lembrar ao público a importancia de separar os refugallos e comprobar o seu coñecemento sobre que tipo de restos deben depositarse en cada unha das papeleiras habilitadas.Na parte da promoción da calidade dos produtos agroalimentarios, o director da Axencia da Calidade Alimentaria de Galicia, Martín Alemparte, sinalou que o posto da Xunta acolle durante o festival ata unha decena de catas e demostracións gastronómicas con estas producións de calidade. Terán un papel protagonista especial os queixos galegos con denominación de orixe protexida, o Mel, os Grelos, as Fabas de Lourenzá, a Tarta de Santiago ou a Ternera Gallega Suprema, entre outros produtos.Precisamente, despois de visitar o posto institucional da Xunta, os dous representantes do Executivo galego participaron no espazo reservado ao Concello de Boimorto no acto de entrega de premios da
, un dos eventos celebrados ao abeiro do festival e no que os galardoados recibiron tamén unha caixa de experiencias de calidade.O
, cita solidaria promovida pola artista Luz Casal e que se celebra desde 2012 na súa casa natal de Boimorto, é un evento social e cultural de posta en valor do rural galego. De feito, ademais das actuacións musicais de distintos estilos –desde onte e ata mañá actúan preto de 60 bandas ou artistas repartidos en catro escenarios– o festival alberga espazos destinados á gastronomía, á artesanía, ao deporte ou a actividades infantís, o que lle dá un marcado carácter familiar.Desde a súa posta en marcha a organización do festival doou preto dun millón de euros a distintas entidades benéficas tanto locais como autonómicas e nacionais coa finalidade de axudar ás persoas con algún tipo de enfermidade, en dificultades económicas ou incluso para o desenvolvemento de accións como a reforestación de bosques danados polos incendios e a recuperación das especies existentes na zona.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando