Xunta de Galicia

A Xunta publica o calendario laboral para 2025 e fixa como festivos propios o 17 de maio e o 25 de xullo

A Xunta publica o calendario laboral para 2025 e fixa como festivos propios o 17 de maio e o 25 de xullo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A normativa estatal fixa 14 festivos: 12 marcados polo Estado e dous elixidos polos concellos

Dos 12 festivos de ámbito nacional, 9 son obrigatorios e só poden ser substituídos cando coincidan en domingo –polo luns seguinte– ou por outro día que lle sexa de interese á Comunidade Autónoma

No ano 2025 prodúcese esta circunstancia o 12 de outubro (Festa Nacional de España), que cae en domingo, polo que Galicia propón cambialo polo Día das Letras Galegas, o 17 de maio

Dos tres días festivos de carácter opcional, é dicir, que se poden substituír (Día de Reis, Xoves Santo, e San Xosé ou Día Nacional de Galicia), a Comunidade galega sempre opta polo 25 de xullo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o

da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2025 e no que se fixan como festivos propios o Día das Letras Galegas (17 de maio) e o Día Nacional de Galicia (25 de xullo). O calendario publícase tras o visto bo do Consello da Xunta e unha vez o Consello Galego de Relacións Laborais emitiu o correspondente ditame.A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (18 de abril en 2025), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. No ano 2025 hai un festivo nacional de carácter obrigatorio que coincide en domingo: o 12 de outubro (Festa Nacional de España), que Galicia propón substituír polo 17 de maio, Día das Letras Galegas.Os outros tres festivos de carácter nacional son opcionais, é dicir, poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que en Galicia nunca se cambia, agás que coincida en domingo; o Xoves Santo (que en 2025 se celebrará o 17 de abril), que na Comunidade galega non se modifica de xeito tradicional; e dáselle a opción ás comunidades de escoller como opcional entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. A Xunta sempre elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.Polo tanto, as festas do calendario laboral para Galicia no 2025 que se determinan son: Aninovo (1 de xaneiro), Epifanía do Señor (Día de Reis – 6 de xaneiro), Xoves Santo (17 de abril), Venres Santo (18 de abril), Festa do Traballo (1 de maio), Día das Letras Galegas (17 de maio), Día Nacional de Galicia (25 de xullo), Asunción da Virxe (15 de agosto), Todos os Santos (1 de novembro), Día da Constitución Española (6 de decembro), Inmaculada Concepción (8 de decembro) e Natividade do Señor (25 de decembro). Ademais destes días, cada concello determina dúas xornadas festivas como propias da súa localidade.Ligazón ao decreto no DOG:

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados