Xunta de Galicia
A Xunta publica no DOG a convocatoria en setembro e outubro dos titulares dos terreos necesarios para a reforma do cruzamento de Setados na PO-400, no concello das Neves
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
O levantamento das actas previas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto terá lugar o día 17 de setembro de 2024 no Concello das Neves
A formalización das actas de ocupación terá lugar o 22 de outubro na Casa Consistorial
Estas actuacións, cun investimento superior aos 460.000 euros, terán lugar na intersección situada no punto quilométrico 9+980, punto de acceso principal a esta parroquia do municipio pontevedrés
Trátase de desprazar uns 55 metros a intersección ata o punto quilométrico 10+035, co fin de ampliar a calzada e dar cabida aos carrís de xiro e aos de acceso, asegurando a visibilidade dos vehículos que entran e saen da parroquia
A Xunta publica hoxe no
(DOG) a convocatoria nos meses de setembro e outubro dos titulares dos terreos necesarios para completar a reforma do cruzamento de Setados na estrada PO–400, no concello das Neves.O investimento que o Goberno galego destinará á actuación na intersección situada no punto quilométrico 9+980 desta vía autonómica, punto de acceso principal á parroquia pontevedresa, superará os 460.000 euros.Así, o DOG recolle hoxe este anuncio polo que se convocan os actos para o levantamento de actas previas á ocupación o día 17 de setembro, entre as 10:00 e as 12:00 horas, no Concello das Neves.Posteriormente, o acto da formalización das actas de ocupación levarase a cabo o día 22 de outubro, no mesmo lugar e seguindo o mesmo horario.Esta aprobación definitiva do anteproxecto implica a declaración de utilidade pública dos terreos necesarios para executar as obras. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información:
A actuación ten como obxectivo mellorar as condicións dese cruzamento de Setados, co fin de aumentar a visibilidade e reforzar a seguridade viaria nos movementos de tráfico. Isto permite acometer unha intervención máis ampla, tras terse executado hai uns anos pequenas actuacións destinadas a mellorar a contorna.En concreto, a actuación consistirá na substitución da intersección actual por unha con carrís centrais de espera (aceleración e deceleración), que permita realizar manobras cun maior grao de seguridade.Actualmente, o cruzamento da PO–400 coa vía municipal que conecta cos núcleos da Laxe e da Igrexa presenta problemas de visibilidade, está moi próximo a unha vivenda e hai un cambio de rasante cercano.Tendo en conta iso, a actuación que a Xunta se propón executar supón desprazar a intersección ata o punto quilométrico 10+035, é dicir, uns 55 metros.Deste xeito faise posible ampliar a calzada para dar cabida aos carrís de xiro e aos de acceso, asegurando a visibilidade dos vehículos que entran e saen da parroquia de Setados.Ademais desa ampliación da calzada da PO–400 e do desprazamento do cruzamento, a intervención deseñada inclúe o desvío para conectar a vía municipal coa estrada autonómica de forma segura.A intervención de mellora da intersección inclúe alumeado público, ampliando a rede existente na travesía da PO–400 ata a zona de intersección.A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ten como obxectivo iniciar as obras no segundo trimestre de 2025, cun prazo estimado de execución dos traballos de 4 meses.O Goberno galego continúa mellorando a rede viaria autonómica para reforzar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios, así como para impulsar unha mobilidade máis sostible.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando