Xunta de Galicia

A Xunta reforza o apoio ás familias este curso no que por primeira vez a matrícula universitaria é gratuita

A Xunta reforza o apoio ás familias este curso no que por primeira vez a matrícula universitaria é gratuita

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

“Somos a única Comunidade onde o acceso a todo o ensino é de balde, desde as escolas infantís ata a obtención dun título universitario ou de FP”, afirma

Román Rodríguez detalla “a ampla batería de medidas en Galicia para facilitar a volta ás aulas aos fogares e promover a igualdade de oportunidades”

Blíndanse as axudas para libros de texto e material escolar, un modelo do que se benefician 7 de cada 10 alumnos e que aforra máis de 100M? ás familias

A Xunta leva comprados máis de 400.000 libros para ceder gratis ao alumnado logo do cambio da lei educativa estatal que fixo inservibles os anteriores

Os prezos dos comedores da Xunta continuarán conxelados para os estudantes, polo que a Consellería asume o incremento do custo dos alimentos

Cada familia pode aforrar 3.000? de media por fillo coa universidade gratuíta

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou esta mañá a libraría Escolma, en Pontevedra, onde destacou o reforzo do apoio da Xunta ás familias no inicio do curso escolar. Tal e como explicou, “o Goberno galego conta cunha batería de medidas grazas ás que se facilita a volta ás aulas aos fogares e se promove a igualdade de oportunidades no acceso ao ensino”. Inclúen tanto a matrícula universitaria gratuíta, que se estrea por primeira vez este ano académico, como as axudas para a adquisición de libros de texto e de material, a conxelación dos prezos dos comedores ou o préstamo de ordenadores, detallou.O titular do departamento educativo da Xunta lembrou que este é o primeiro ano no que a Administración autonómica facilita a matrícula universitaria sen custo ao longo de toda a carreira, unha medida pioneira cun aforro medio de 3.000? por fillo. “Isto convértenos na única Comunidade onde o acceso a todo o ensino é de balde, desde as escolas infantís ata a obtención dun título universitario ou de FP”, afirmou.Así mesmo, o Goberno galego blinda o programa para o acceso a libros de texto e material, un modelo que, xunto co libro dixital de préstamo tamén gratuíto, beneficia a sete de cada 10 alumnos e supón un aforro de 100M? aos fogares. No caso do material consolídanse os dous vales, de 75 e 60?, en función da renda. Ademais, hai axudas de entre 160 e 300? para a compra de manuais nos cursos nos que estes non son reutilizables, é dicir, para os alumnos dos dous primeiros cursos de Primaria, os de Educación Especial e para aqueles con necesidades específicas de apoio educativo.A maiores, o Fondo solidario conta este curso con máis de 400.000 libros, que se repartirán en réxime de préstamo entre o alumnado desde 3º de Primaria a 4º de ESO. “A Xunta fixo un investimento de máis de 25M? nos dous últimos anos na adquisición destes manuais para ceder aos alumnos gratuitamente, logo de que o Goberno central cambiase a lei educativa e os anteriores xa non servisen”, sinalou Román Rodríguez.O conselleiro recordou, ademais, que o servizo de transporte escolar é totalmente gratuíto e que Galicia conta cun dos servizos de comedor máis equitativos, de tal forma que o 80% de usuarios dos comedores da Xunta teñen o servizo de balde ou pagan só 1?. Este servizo volverá a ter os prezos conxelados, polo que a Consellería asume o incremento do custo dos alimentos e a enerxía para que non repercuta nas familias.“Galicia quere seguir sendo unha das comunidades que maiores facilidades ofrece aos alumnos e ás súas familias para acceder ao ensino e para adquirir material educativo, polo que seguiremos traballando para consolidade un modelo equitativo, universal e aberto”, recalcou o conselleiro na súa visita á libraría pontevedresa Escolma.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados