Xunta de Galicia

A Xunta reforza a calidade da asistencia sanitaria comarcal co compromiso de posta en marcha en 2025 dun hospital de día oncolóxico no Barbanza

A Xunta reforza a calidade da asistencia sanitaria comarcal co compromiso de posta en marcha en 2025 dun hospital de día oncolóxico no Barbanza

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Antonio Gómez Caamaño destaca que esta medida evitaralles aos pacientes de cancro o esforzo e as molestias que supoñen os desprazamentos frecuentes a Santiago para someterse aos tratamentos programados

Sinala a creación dun área de críticos como outra das prioridades de mellora do Hospital do Barbanza, que debe desenvolver tamén a ampliación da hospitalización

Pon en valor as melloras levadas a cabo pola Xunta no Hospital de Ribeira nos últimos anos en materia de infraestruturas, entre as que sinalou a súa ampliación, grazas a un investimento de case dous millóns de euros e un aumento do 40% da superficie total da área de urxencias

No apartado de equipamento, o Executivo galego potenciou o hospital cunha nova área de endoscopias un novo TAC, un ecógrafo e un equipo radiocirúrxico

En materia de persoal, o Goberno galego incorporou a este centro sete novos especialistas en áreas como anestesioloxía e reanimación, medicina interna, pediatría ou radiodiagnóstico

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, puxo en valor a aposta que a Xunta está a facer por potenciar a calidade asistencial dos hospitais comarcais e, a tal efecto, no marco dunha visita ao hospital de Barbanza, no concello de Ribeira, anunciou a posta en funcionamento neste centro dun hospital de día oncolóxico no 2025, do que Sanidade xa está a traballar no plan funcional.Segundo remarcou o conselleiro, evitarlles aos pacientes de cancro o esforzo e as molestias que supoñen os desprazamentos frecuentes a Santiago para someterse aos tratamentos programados é algo posible e viable e o noso compromiso é materializalo, incidiu Gómez Caamaño.Xunto a esta prioridade, o conselleiro sinalou que o seu departamento traballa noutros compromisos adquiridos para mellorar este hospital da rede do Sergas, entre os que citou a creación dunha área de críticos e a ampliación da área de hospitalización.Na visita ao hospital, na que estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta, Belén do Campo; polo xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada; e polo xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Ángel Facio, o conselleiro remarcou que os hospitais comarcais son imprescindibles para achegar unha asistencia sanitaria de calidade e evitar así desprazamentos innecesarios.O máximo responsable da sanidade pública galega subliñou, na súa intervención, as melloras levadas a cabo pola Xunta no Hospital de Barbanza, entre as que destacou a renovación da climatización e reparación da fachada, a posta en marcha do heliporto ou a reforma do segundo andar para ampliar as consultas externas.Engadido a todo o anterior, unha das accións máis destacadas foi a ampliación deste hospital, por medio dun investimento de case dous millóns de euros e un aumento do 40% da superficie total da área de urxencias, grazas á que, remarcou o conselleiro, se acadou unha superficie construída de case 1.100 metros cadrados.No proceso de mellora das infraestruturas deste hospital, a Xunta tamén o dotou dun novo laboratorio de análises clínicas cunha achega de máis de 150.000 euros, que posibilitou a ampliación en máis dun 60% a súa capacidade, ata os 200 m2.Non se esqueceu Gómez Caamaño de sinalar que este hospital converteuse no 2012 no primeiro de España en obter a certificación de xestión de riscos para a seguridade do paciente do seu servizo de diálise. Ademais, implantouse unha nova área de endoscopias e realizáronse melloras no equipamento, entre eles un novo TAC, un ecógrafo e un equipo radiocirúrxico, cun investimento da Xunta por valor de 1,1 millóns de euros.As melloras postas en marcha pola Xunta neste hospital tamén abranguen o apartado de persoal. Así, o Executivo galego, por medio da lei que permite cubrir prazas de difícil cobertura a través dun concurso de méritos, facilitou a incorporación de sete novos especialistas en áreas como anestesioloxía e reanimación, medicina interna, pediatría ou radiodiagnóstico.Para rematar a súa intervención, Gómez Caamaño reafirmou o compromiso da Xunta coa mellora do Hospital de Barbanza, que dá cobertura asistencial a máis de 62.000 persoas ás que aproxima servizos hospitalarios de calidade.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados