Xunta de Galicia

A Xunta reforza a difusión da extraordinaria calidade dos produtos da cadea mar-industria cunha nova edición das foodtrucks, incluídas na campaña 'Galicia Sabe AMAR'

A Xunta reforza a difusión da extraordinaria calidade dos produtos da cadea mar-industria cunha nova edición das foodtrucks, incluídas na campaña ‘Galicia Sabe AMAR’

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

5 min lectura

Con esta iniciativa perséguese reverter o descenso e o seu impacto dende o punto de vista da saúde e da economía, do consumo de alimentos pesqueiros e acuícolas, así como potenciar o sector e o comercio de proximidade

Outros 39 concellos acollerán este mes os catro vehículos que poñen en valor a gran variedade de peixes e mariscos, que saen das lonxas galegas, e as especiais características deses produtos, de máxima frescura e calidade

A nova campaña de rutas gastronómicas por Galicia terá unha duración de 20 meses e un orzamento de máis de 1,2 millóns de euros, cofinanciados nun 70% polo FEMPA

Na primeira edición, 762 concellos de toda a xeografía galega e parte da española, degustaron algúns dos 791.800 petiscos elaborados a base de produtos certificados do mar e da terra

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presentou este xoves, acompañado do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, a nova edición das

, incluídas na campaña “

”, coas que dende a administración autonómica se dá continuidade ao obxectivo de reforzar a extraordinaria calidade dos produtos da cadea mar–industria, como elementos básicos para a saúde e a e economía que se xera entorno ao sector marítimo–pesqueiro.Deste xeito, o departamento que dirixe Alfonso Villares, a través da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, e motivados pola gran acollida da primeira edición, desenvolve un novo programa de rutas gastronómicas por Galicia utilizando o mesmo modelo. O contrato ten unha duración de 20 meses e está dotado dun orzamento que supera os 1,2 millóns de euros, cofinanciados nun 70% a través do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA).Este servizo, que arrancou hoxe, inclúe degustacións de alimentos do mar maridados con outros da terra e de condición diferenciada ou marcas de calidade. Tal é así que Ponteceso, Oia, Castro de Rei, Mañón, Ortigueira, Ponteareas, A Pastoriza, O Pino, Oimbra, Boqueixón, O Vicedo, A Estrada, Boborás, Marín, Laxe, Porto do Son, Malpica, Laraxa, Monterroso, Cabanas, Vilanova de Arousa, Avión, Bande, Rábade, Folgoso do Courel, Cabana de Bergantiños, Triacastela, Cervo, Riotorto, A Guarda, Riberia, Poio, Ribadeo, Noia, Sober, Xove, Cospeito, Cariño e Arteixo son outros dos destinos que están pechados para este mes de agosto, e nos que recalarán os catro vehículos que poñen en valor a gran variedade de peixes e mariscos, que saen das máis de 60 lonxas galegas, e as especiais características deses produtos, de máxima frescura e calidade.As catro

seguirán diferentes rutas, centrándose nos principais núcleos urbanos de Galicia, preferentemente en concellos de máis de 1.000 habitantes. Nos lugares de maior poboación e máis demanda cidadá, a furgoneta pode permanecer ata 3 días. O número mínimo de degustacións totais será de 600, no 2024, e 800, no 2025. A campaña está apoiada con distinto material promocional sobre os beneficios que ten para a saúde o consumo de peixe.E é que, precisamente, un dos obxectivos que se persegue con esta iniciativa é reverter o elevado descenso de inxesta de produtos pesqueiros e acuícolas, co conseguinte risco que isto ten para a cadea alimenticia e tamén para o emprego de rexións, como Galicia, que teñen unha alta dependencia da pesca.Por este motivo, a través deste programa, infórmase aos destinatarios sobre a importancia social e económica do sector do mar; ponse en valor a actividade da pesca e o marisqueo en Galicia; promóvese unha xestión sostible dos recursos tanto dende o punto de vista económico, como ambiental e social; e garántese a trazabilidade dos produtos pesqueiros e a súa seguridade alimentaria.As

de “

” arrancaron cunha presentación o 15 de febreiro de 2023 na praza do Obradoiro de Santiago. Ao acto asistiron, entre outras autoridades, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, convertendo así a capital galega no punto de partida das rutas, que visitaron 762 concellos vinculados ao Camiño de Santiago por toda España e achegaron a calidade dos produtos do mar, completando un percorrido de máis de 172.300 quilómetros de ruta en total. O número de petiscos cociñados dentro das degustacións superou as 791.800.Nas paradas realizadas, as

permaneceron, dependendo do concello, entre un e tres días, ofrecendo en degustacións de mediodía e tarde algún dos 10 petiscos elaborados con produtos certificados do mar e da terra de Galicia, como son o berberecho de Noia, o bonito do norte, o mexillón de Galicia ou os peixes e mariscos co selo de identidade e calidade para a promoción e defensa dos nosos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal galega, “pescadeRías de onde se non?”. Xunto con eles presentáronse outros produtos da terra con selos de calidade diferenciada, como as fabas de Lourenzá, o mel de Galicia, os pementos de Arnoia e Herbón, os queixos de Arzúa–Ulloa ou O Cebreiro, o pan de Cea ou as patacas. A primeira das catro rutas gastronómicas partiu de Santiago de Compostela e rematou en Irún, tras percorrer cidades como A Coruña, Ferrol, Xixón, Santander, Bilbao e San Sebastián. Ferrol, Lugo, León, Astorga, Burgos, Logroño, Pamplona, Pontevedra, Vigo, Ourense, Zamora, Salamanca, Cáceres, Mérida, Sevilla, Valladolid, Segovia, Madrid, Toledo, Albacete e Valencia foron os outros destinos dos tres itinerarios restantes.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados