Xunta de Galicia

A Xunta reforza o equipamento de rescate dos GES de Ponteceso, Muros, Quiroga, O Grove e Terra de Celanova

A Xunta reforza o equipamento de rescate dos GES de Ponteceso, Muros, Quiroga, O Grove e Terra de Celanova

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na entrega de xogos de ferramentas para excarceración e coxíns pneumáticos para elevación de cargas

O equipamento forma parte da dotación coa que o Goberno galego apoia estes grupos na comunidade, no marco dos máis de 27M? investidos en material de servizos de emerxencias municipais, tanto GES como Protección Civil

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe nunha nova entrega de equipamento a Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES). Trátase de tres xogos de ferramentas electro–hidráulicas para excarceración destinadas aos grupos con sede nos concellos de Ponteceso, Quiroga e O Grove, e de dous coxíns pneumáticos para elevación de cargas cedidos a Muros e á Mancomunidade Terra de Celanova. O material suma un orzamento global de 85.000 euros, cofinanciados pola Unión Europea a través do programa Feder de Galicia. Os xogos de ferramentas electro–hidráulicas para excarceración constan de ferramentas multifunción, cizallas, cilindros RAM, serras sable, baterías e cargadores. Os GES dótanse así das ferramentas axeitadas para corte, separación, elevación e tracción de altas prestacións en tarefas de rescate e actuacións en emerxencias, como accidentes de tráfico con persoas atrapadas e rescates en espazos confinados, estruturas colapsadas ou con excarceración de persoas, entre outras.Pola súa banda, os xogos de coxíns pneumáticos para elevación de cargas inclúen seis unidades e os accesorios precisos para o seu uso en tarefas de salvamento e rescate, como manredutores de presión, mangueiras flexibles de aire, válvulas de seguridade e unidades de control.O equipamento permitirá mellorar a eficacia das intervencións dos grupos nos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Laxe e Malpica de Bergantiños, e de Muros, Carnota, Mazaricos e Outes, na provincia da Coruña, así como de Quiroga, Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón e Ribas de Sil, na de Lugo. Na provincia de Ourense, a Mancomunidade Terra de Celanova cubre as localidades da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea, e na de Pontevedra, o SMPC O Grove dálle servizo a este concello e, en caso necesario, intervén tamén en Meaño, Poio e Sanxenxo.Diego Calvo lembrou o importante esforzo realizado pola Xunta nos últimos anos para dotar os efectivos dos servizos de emerxencias dos concellos galegos dos recursos necesarios co obxectivo de que poidan levar a cabo as súas actuacións en condicións de seguridade, contribuíndo ademais a unha maior eficacia na atención das incidencias e nos seus tempos de resposta.A entrega de hoxe forma parte do reforzo de dotacións impulsado pola Xunta para apoiar o labor dos GES. Así, neste ano entregáronse tamén camións autobomba aos GES de Monterroso, Brión e Maceda, así como furgóns de servizos varios ao GES da Guarda, Mos e Lobios, que xunto ao material cedido hoxe suman un custe superior a 1,2 millóns de euros.

O investimento só en equipamento para servizos de emerxencias municipais da comunidade, tanto GES como Protección Civil, supera os 27 millóns de euros nos últimos anos. Ademais, segundo aclarou o conselleiro de Presidencia, o Goberno galego asume máis da metade do custo anual dos GES e dos consorcios provinciais contraincendios e salvamento, pese a tratarse dunha competencia local. Tamén financia os gastos de mantemento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil a través dunha orde anual dotada de máis de 340.000 euros e que este ano beneficiou 191 entidades.A colaboración da Xunta garante que os GES sigan prestando servizo público en materia de emerxencia, protección civil e prevención de incendios forestais. Neste sentido, os grupos teñen competencia para intervir en incendios –tanto urbanos como forestais–, para definir e manter as redes de faixas de xestión da biomasa de prevención e para levar a cabo prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, para crear descontinuidades da cuberta vexetal. Tamén fan prevención naqueles camiños e espazos públicos que poidan ao mesmo tempo servir de cortalumes.Ademais, seguirán coa realización de actuacións de prevención da vespa velutina por seguridade da poboación, tales como o control e retirada de niños, entre outras actuacións. Continuarán intervindo en situacións de risco e emerxencia para manter a rede se estradas, mediante a súa limpeza a retirada de obxectos, especialmente no caso de accidente. Tamén poderán actuar no caso de situacións derivadas de riscos naturais, nevaradas, inundacións, temporais, xeadas, choivas intensas, sismos, derrubamentos, corrementos de terra e situacións de seca, entre outros traballos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados