Xunta de Galicia

A Xunta reforza a súa aposta pola internacionalización ampliando o orzamento do programa Galicia Exporta Organismos Intermedios

A Xunta reforza a súa aposta pola internacionalización ampliando o orzamento do programa Galicia Exporta Organismos Intermedios

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A liña, que busca incentivar accións de promoción exterior, ven incrementado o orzamento en preto de 300.000 euros chegando case a 1,6M?

O programa impulsa actividades de difusión e participación en eventos expositivos no exterior, así como accións de prospección internacional coordinados por agrupacións empresariais

Esta aposta se complementa co Galicia Exporta Empresas e o Galicia Exporta Dixital que suman, de xeito conxunto, case 8M? máis este ano para colaborar co tecido empresarial galego na boa marcha das exportacións

A Xunta de Galicia reforza a súa aposta pola internacionalización do tecido empresarial galego ampliando o orzamento do programa Galicia Exporta Organismos Intermedios.O

recolle este incremento no orzamento da liña, que procura incentivar a realización de accións de promoción exterior que xeren vantaxes competitivas na proxección e o posicionamento de empresas e organismos galegos nos mercados internacionais. Para acadar este obxectivo, o orzamento aumenta en preto de 300.000 euros, chegando case a 1,6 M?.Unha aposta que se complementa cos programas Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Dixital que suman, de xeito conxunto, case 8M? máis para colaborar co tecido empresarial galego na boa marcha das súas exportacións.Neste sentido, a través da liña específica para proxectos individuais Galicia Exporta Empresas e da destinada a apoiar proxectos colectivos coordinados por agrupacións empresariais Galicia Exporta Organismos Intermedios, impúlsanse tanto actividades de difusión como a participación en eventos expositivos no exterior e accións de prospección internacional.O obxectivo destas liñas, impulsadas pola Consellería de Economía e Industria, a través do Igape e no marco da Estratexia de Internacionalización, é apoiar a saída ao exterior do tecido empresarial galego, especialmente de pemes, a través de novas canles de comercialización.Un marco no que tamén se activou este ano unha nova convocatoria do Galicia Exporta Dixital, liña adaptada ás novas demandas e necesidades das empresas, para facilitar a reactivación do tecido empresarial e a mellora da competitividade no actual contexto económico. O obxectivo é fomentar a internacionalización dixital das pemes apoiándose en ferramentas innovadoras para acceder aos mercados exteriores a través de novas canles de comercialización.Neste sentido, cómpre destacar que desde a posta en marcha do Galicia Exporta Empresas, no ano 2016, téñense apoiado máis de 1.500 plans de promoción internacional, con accións de difusión, e asistencia a feiras ou prospección de novos mercados, cunha media de participación de máis de 240 empresas ao ano, o que supuxo unha axuda total que supera os 31M?. Cifras ás que se suman os preto de 10M? e 186 iniciativas promovidas a través do Galicia Exporta Organismos Intermedios. Pola súa banda, o Galicia Exporta Dixital ten beneficiado xa a máis de 400 empresas por importe de máis de 14 M? e un investimento inducido de 17,6 M?.Todas estas accións englóbanse na aposta do Goberno galego pola Internacionalización do tecido empresarial. Un esforzo conxunto que permitiu a Galicia bater os seus rexistros de exportacións, rozando o ano pasado os 30.000 M? en venda ao exterior. Unha cifra que se está a consolidar no que levamos de año, sumando a Comunidade, durante os cinco primeiros meses, ventas ao exterior por valor de máis de 12.800 millóns, cifra que supón un incremento do 4,4% con respecto ao mesmo período dese histórico 2023.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados