Xunta de Galicia

A Xunta sacará a nova licitación a concesión do transporte regular que cobre a Comarca do Barbanza

A Xunta sacará a nova licitación a concesión do transporte regular que cobre a Comarca do Barbanza

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Anuncioullo o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, aos alcaldes de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo nunha xuntanza celebrada hoxe

A medida busca garantir a prestación do servizo segundo as necesidades e demandas das persoas usuarias

A Xunta sacará a nova licitación a concesión do transporte regular que cobre o Barbanza tras a resolución do contrato de explotación da Comarca do Barbanza. Así llo confirmou o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, aos alcaldes de Boiro, José Ramón Romero, da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal e de Rianxo, Julián Bustelo, nunha xuntanza na que tamén participou a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela.A medida busca garantir a prestación do servizo segundo as demandas e necesidades das persoas usuarias, detectadas a través do labor de seguimento que está a realizar a Xunta. Con ela dáselle ademais cumprimento ao acordo parlamentario adoptado por unanimidade na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos o pasado novembro, no que se instaba ao Goberno galego a utilizar todas as ferramentas incluídas no prego de cláusulas administrativas para a mellora na prestación do seu servizo público na comarca do Barbanza.Na xuntanza Diego Calvo explicoulles aos alcaldes os pasos previstos para a nova licitación, que require da resolución previa do contrato coa concesionaria. A previsión é que se faga de mutuo acordo e prevendo a continuidade da actual empresa na explotación ata a implantación do novo contrato. Deberá tamén elaborarse un novo anteproxecto de explotación, que será sometido a información pública e audiencia aos concellos para ser logo autorizado polo Consello da Xunta.A concesión que se prevé licitar enmárcase no Plan de Transporte Público de Galicia, co que a Xunta avanza na consecución dun modelo de mobilidade optimizado, moderno, intelixente e responsable coa poboación galega e co medio natural. A importancia estratéxica do transporte público fai precisa unha actualización constante que atenda as demandas reais e se adapte ás características territoriais, conxugando as necesidades rurais e urbanas de xeito que cada galego e galega, alí onde residan, dispoñan dun medio de transporte público accesible.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados