Xunta de Galicia

A Xunta salienta o pulo do sector ecolóxico certificado na comunidade galega

A Xunta salienta o pulo do sector ecolóxico certificado na comunidade galega

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, reuniuse hoxe en Monforte co Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia

Na xuntanza puxéronse en valor as características deste sistema de produción, que respecta o ambiente e contribúe ao benestar animal e á fertilidade do solo

Nesta xornada, o director da Axencia, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou tamén as Bodegas Petrón–Prómine en Doade (Sober)

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, reuniuse hoxe con responsables do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) na súa sede de Monforte de Lemos, para tratar cuestións relacionadas co sector ecolóxico certificado na nosa comunidade.Na cita destacouse a importancia da agricultura ecolóxica como sistema de produción de alimentos respectuoso co ambiente e o benestar animal, ademais de contribuír á mellora da fertilidade do solo. Nesta liña, puxéronse tamén en valor factores diferenciadores, que teñen un impacto positivo no estilo de vida dos cidadáns, como o emprego de prácticas agrícolas que fomentan o equilibrio do ecosistema e a non utilización de produtos químicos, substituíndoos por outras técnicas como a rotación e asociación de cultivos.Martín Alemparte sinalou o compromiso da Consellería co Craega para fomentar a oferta de produtos ecolóxicos que cumpran co establecido na normativa comunitaria, amparados por un etiquetado, presentación e publicidade determinados, coa certificación da entidade.O Craega certifica calquera produto de consumo humano e animal excepto a caza e a pesca extractiva. A certificación abarca toda a cadea do produto, dende a produción, pasando pola elaboración, envasado e comercialización do produto. Estes posúen unha elevada calidade nutritiva, sanitaria e organoléptica, ademais de supor unha elección de consumo máis responsable e sostibleNesta xornada, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou tamén as Bodegas Petrón–Prómine en Doade (Sober). Esta empresa –tamén promotora do restaurante Berso no mesmo concello de Sober– naceu no 2005 e é propietaria de diferentes viñedos nas ribeiras do río Sil, principalmente da variedade Mencía. Hoxe inaugurou nas súas instalacións un espazo culinario a cargo do cociñeiro Martín Mantilla.Este evento permitiu coñecer máis de preto o tecido empresarial agroalimentario da provincia lucense e reivindicar o compromiso da Consellería co impulso da enoloxía no ámbito da gastronomía e a restauración.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados