Xunta de Galicia
A Xunta salienta o traballo dos centros galegos a prol da promoción da lingua e da cultura na entrega dos premios Alecrín 2024
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
A Federación de entidades culturais galegas de Cataluña (Fegalcat) promove anualmente estes galardóns, co obxectivo de recoñecer o traballo de persoas, empresas e asociacións galegas
Na edición deste ano entregáronse un total de 13 premios en diferentes campos, entre eles a música, a artesanía, a investigación, o deporte, a innovación tecnolóxica, o emprendemento empresarial ou o comercio
José González destacou o compromiso da Xunta coas diferentes asociacións e centros galegos de España e do mundo, buscando maneiras innovadoras de manter e fortalecer os lazos culturais e sociais cos galegos do exterior
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe no acto de entrega dos premios Alecrín de Ouro, uns galardóns que organiza a Federación de entidades culturais galegas de Cataluña (Fegalcat) co obxectivo de recoñecer o traballo a prol da cultura galega por parte de persoas, empresas e entidades de diferentes ámbitos.No evento –celebrado no auditorio Hernán Naval e que contou tamén coa presenza do alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, e do presidente de Fegalcat, Domingo Balboa– o titular de Emprego felicitou aos 13 premiados e celebrou a diversidade e o dinamisamo do talento cultural, artístico, social e empresarial galego, destacando o esforzo e a excelencia que cada un dos galardoados desenvolve nos seus respectivos campos.José González manifestou tamén o recoñecemento ao traballo de Fegalcat, unha entidade fundada en 1987 para promover a cultura galega en Cataluña e da que forman parte na actualidade nove asociacións da comunidade catalá. Nesta liña, salientou a importancia dos Premios Alecrín, una cita anual xa consolidada que representa, remarcou, una gran festa da galeguidade e un claro exemplo da capacidade dos galegos e galegas.Durante a súa intervención, o conselleiro lembrou ademais o firme compromiso da Xunta coas diferentes asociacións e centros galegos, destacando a importancia destas entidades na promoción da cultura e na preservación da lingua e da identidade en diferentes recunchos de España e tamén do mundo.Por iso, sinalou, desde a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, se traballa para seguir ao lado destas entidades, traballando da man dos galegos que están no exterior e buscando maneiras innovadoras de manter e fortalecer os lazos culturais e sociais.José González foi o encargado de entregar o premio Alecrín de Ouro no eido empresarial, que este ano recaeu en Jesús Pérez, xerente da Asociación de Comerciantes Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa), unha entidade destacada do sector comercial galego e apoiada pola Xunta con máis de 220.000 euros para dinamizar o seu centro comercial aberto e impulsar a contratación de persoas traballadoras desempregadas. O resto de premiados da edición compúxose por Carmen Rodríguez, directora da Coral Polifónica de Ribadeo (música); a artesana Elena Ferro (artesanía popular); Manuel Blanco, CEO de Pescados Rubén (empresa galega); Serxio María Rodríguez (investigación); Toño Jiménez, comunicador de Onda Bierzo (comunicación); Xosé Benito Reza (defensa da natureza); Manuel Fernández (emigración); Carmen Pérez (defensa da lingua galega); David Ballestar, director da Banda municipal de Ribadeo (traxectoria musical); Manuel Blanco, presidente do Club Deportivo Burela Fútbol Sala Feminino (deporte feminino) e Vanesa Ribas de Festigaleiros (innovación tecnolóxica).
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando