Xunta de Galicia
A Xunta visita en Laxe un dos centros onde se desenvolve o seu proxecto piloto de coliving para atraer nómades dixitais e fixar poboación no rural
Publicado el - Actualizado
4 min lectura
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, estivo nas instalacións de iSlow, onde se comezaron a aloxar neste mes de agosto parte das 60 persoas seleccionadas ao abeiro da iniciativa Fixar, desenvolvida coa asociación Sende
En concreto, realizaranse estadías de 15 días no coliving de iSlow (Laxe), no de Sende (Lobeira) e no de Anceu (Ponte Caldelas), onde os participantes afondarán no espírito do coliving rural, recibirán mentorización e traballarán en impulsar os seus negocios
Estas persoas –13 delas asesoradas na Rede de polos– foron escollidas das catro provincias, con proxectos multidisciplinares relacionados con eidos como os da cultura, a educación, a arquitectura, a comunicación, a artesanía ou o medio ambiente
Boa parte delas –entre as que se atopan galegos retornados ou estranxeiros afincados na nosa Comunidade– residen en cidades e teñen interese en asentarse no rural galego, ademais de predisposición por dar un xiro ás súas traxectorias profesionais
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou hoxe na localidade coruñesa de Laxe as instalacións de iSlow, un dos tres centros onde se está a desenvolver o proxecto pioneiro de coliving para atraer nómades dixitais e fixar poboación no rural que a Xunta está a levar a cabo da man da Asociación Cultural Sende. Alí, Mariño mantivo un encontro con implicados na iniciativa
na que participarán un total de 60 persoas seleccionadas, que comezaron neste mes de agosto as primeiras estadías de 15 días contempladas tanto en iSlow como nos coliving de Sende (Lobeira) e Anceu (Ponte Caldelas). Segundo destacou, trátase da primeira actuación destas características que promove a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración xunto con Sende, entidade que xestiona no concello ourensán de Lobeira o primeiro espazo coliving de Europa e que conta con ampla experiencia neste ámbito. Deste xeito, o Goberno galego avanza na súa aposta polo emprendemento no rural e na creación de comunidade na Galicia non urbana a través de espazos de experimentación para novos negocios ligados ao territorio e nos que os emprendedores poidan testar os seus produtos ou servizos. Unha aposta que vén de ser recoñecida –recalcou– co premio á Rexión Emprendedora Europea 2025.A directora xeral salientou que as 60 persoas participantes –13 delas asesoradas desde a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego– foron seleccionadas das catro provincias galegas, con proxectos multidisciplinares relacionados con eidos como o da cultura ou o da educación, o da arquitectura ou o da construción, o da comunicación ou o da informática. Tamén son sobre artesanía, oficios ou moda, financeiros ou arredor do medio ambiente, entre outros campos.Así mesmo, apuntou que unha boa parte destas persoas participantes –entre as que se poden atopar galegos retornados ou estranxeiros afincados na nosa Comunidade– residen en cidades e teñen interese en asentarse no rural galego, co obxectivo de dinamizalo e de ofrecer novos servizos e recursos nesas contornas. Destaca tamén a predisposición por dar un xiro ás súas actuais traxectorias profesionais, grazas ás novas perspectivas e experiencias que lles pode ofrecer a iniciativa impulsada pola Xunta.No marco do proxecto
traballarase coa comunidade en tres fases. A primeira artéllase a través das estadías que xa comezaron, nas que os participantes afondarán no espírito e na filosofía do coliving rural, recibirán mentorización, construirán a súa rede e traballarán en impulsar os seus negocios. Deste xeito, búscase conxugar as oportunidades que ofrecen estes espazos co compromiso comunitario, coa tecnoloxía e cos beneficios do rural galego.En canto á segunda fase, nela proporcionaráselle apoio continuo a esta comunidade a través dun grupo especial en liña para axudalos en aspectos relacionados coa vida na aldea. A terceira fase consistirá en organizar xuntanzas presenciais cada mes, permitindo que os 60 participantes se encontren e fortalezan o sentido de comunidade.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando