A Coruña, escenario do XXVI Campionato de España de golf de categoría infantil

O Real Club de Golf da Coruña acolle esta competición dende mañá e ata o próximo martes día 12. Participan preto de 120 golfistas

Campeonato golf Zapateira

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou esta mañá en María Pita o XXVI Campionato de España de federacións autonómicas infantís “IX Memorial Blanca Mayor”, que se realizará desde mañá até o día 12 nos campos do Real Club Golf da Coruña. A proba regresa dous anos despois da última entrega con 119 novas e novos golfistas que volven a gozar dunha competición de máximo nivel por equipos.

A concelleira sinalou que o Concello aplaude a celebración dun novo campionato de ámbito nacional que achega á cidade un total de 17 equipos de todas as comunidades do país, e, destacou o significado especial que ten, pois coa súa celebración segue viva a tradición do Real Club de Golf da Coruña que, en 1978, foi sede deste campionato, o primeiro campionato de España de golf que se celebrou na historia do golf de Galicia.

Martínez manifestou as gañas que ten a cidadanía de vivir o deporte e, por iso, dixo, celebramos cada campionato, cada proba, cada evento, como se fose un gran fito. A concelleira agradeceulle ás persoas da organización o seu labor e responsabilidade para que todas e todos podamos gozar do deporte.

A nosa obriga é achegarlle ao público todos os deportes. Darlles visibilidade”, dixo a concelleira, que engadiu que desde o Concello se segue a traballar para consolidar o deporte como unha das nosas principais liñas de acción. “Traballamos de maneira transversal para integrar o deporte na cidade, porque sabemos que o deporte fai cidade. Apoiamos proxectos como o voso, que serve para que A Coruña se converta no escenario de probas deportivas de interese, o que supón un gran impacto na nosa economía”, sinalou.

No acto, a concelleira estivo acompañada por Luis Quiroga, presidente do Real Club de Golf de A Coruña; Florencio Martín, xerente do Real Club de Golf; Juanjo Grañeda, director deportivo do comité xuvenil da Federación Española de golf; Fernando Pacheco, vogal do comité xuvenil; Jaime Diaz-Pinés, vogal do comité; Elena Gómez, xerente da Federación Galega de golf, e Jose Ramón Ramos, presidente do comité xuvenil da Federación Galega de golf.

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 23 DIC 2024 | BOLETÍN