Cambia de novo o sentido do tráfico en Santo Domingo a causa das obras no casco histórico de Lugo

Os vehículos volverán circular a partir de mañá bordeando a "aguia imperial" pola súa parte superior, en lugar de facelo pola parte inferior como nos últimos tempos

00:00

O Concello de Lugo informa dun novo cambio de sentido en Santo Domingo por mor das obras

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O Concello de Lugo informa da necesidade de realizar un cambio temporal na ordenación do tráfico dentro das obras no entorno da Praza de Santo Domingo.

A partir de mañá e ata novo aviso, os vehículos circularán pola parte superior da "aguia imperial", en lugar de facelo pola parte inferior. Este cambio faise para poder avanzar na gabia de servizos por diante do novo hotel ata a esquina inferior da Rúa da Raiña.

Polo tanto, non se permitirá o tráfico rodado na intersección entre a Rúa da Raíña e Santo Domingo, pero sí o paso dos peóns.

Polo tanto, manteranse as condicións e sinalizacións dispostas nas obras nas últimas semanas, soamente afectando esta nova fase de obra ao contorno do Monumento ao Bimilenario.

A Rúa do Teatro seguirase usando de entrada á Praza de Santo Domingo, polo carril non ocupado polos traballos existentes. Neste caso seguirá sendo o carril esquerdo de sentido de avance cara a praza, cuxas tarefas de demolición e pavimentado non están iniciadas.

¿Como saio do casco histórico?

A saída de vehículos do recinto histórico realizarase, como se vén facendo desde inicio das obras, pola Rúa San Marcos, Rúa Bolaño Rivadeneira e Rúa Nova. A circulación para residentes e usuarios da contorna da Praza de Abastos e do aparcamento da Praza de Santo Domingo continuará realizándose, de maneira eventual, pegados á fachada do Convento de Santo Domingo.

Este itinerario alternativo para vehículos manterase independizado con sinalización horizontal de liña amarela en calzada do itinerario peonil.

Así o Concello informa de que continúan os traballos de pavimentado nos carrís de circulación da praza de Santo Domingo, entre a Rúa Armanyá e a Rúa da Raíña, cambiando, únicamente a circulación de vehículos na contorna da Águia Imperial.

Temas relacionados

Programas

Último boletín

13:00H | 23 NOV 2024 | BOLETÍN