Unhas horas para captar a trazos de pincel a esencia da cidade de Lugo

O Concello convoca o XXIV Certame de Pintura ao Aire Libre, "unha cita xa consolidada na axenda cultural do verán"

00:00

Maite Ferreiro lembra que o Certame de Pintura Rápida é unha cita consolidada en Lugo

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a convocatoria da XXIV edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo, que este ano se celebrará o domingo 14 de xullo e no que poden participar todos os artistas maiores de 18 anos que o desexen.

Cada un dos participantes pode presentar unha única obra, que non se poderá asinar ata o momento no que se coñeza o ditame do xurado, que estará composto por profesionais das artes plásticas.

"O estilo e a técnica serán libres e a súa temática xirará sobre a cidade de Lugo en toda a súa extensión", afirmou Maite Ferreiro. A execución será directa, diante do motivo ou do modelo natural.

PROGRAMA

As inscricións realizaranse o día do certame, no momento de selado do soporte, entre as 09:00 e as 11:00 horas nas oficinas da área de Cultura. As obras serán presentadas entre as 16:00 e as 17:00 horas na Praza Maior, onde se coñecerá o ditame do xurado ás 18:00 horas. A partir dese momento, e ata as 20:00 horas, farase unha exposición con todas as obras. Ao remate, as autoras e autores non premiadas poderán recoller as súas pinturas.

Cada participante terá que traer consigo o material que poida necesitar e considere necesario para desenvolver o seu traballo, incluído (de ser posible) o cabalete onde se exporá a súa obra. O soporte non superará as dimensións máximas de 100 x 100 centímetros.

O importe total dos premios é de 5.550 euros: un primeiro premio, dotado con 1.600 euros;, un segundo, con 1.100; e un terceiro, con 900 euros. A maiores, o Concello fará entrega de 5 accésits de 300 euros e un premio especial ao artista local, nado ou residente en Lugo, de 450 euros.

Ademais todas as persoas galardoadas recibirán un diploma acreditativo.

Temas relacionados

Programas

Último boletín

04:00H | 22 DIC 2024 | BOLETÍN