¿Baixas á baixa? A cidadanía de Lugo opina...

A Xunta de Galicia vén de detectar máis de 13.600 incapacidades temporais non xustificadas en toda a comunidade, unha noticia que deu moito do que falar nas últimas horas...

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

      
      
             
      

Máis de 13.600 persoas estaban de baixa laboral sen necesidade. Aí está o dato. En concreto, 13.684 traballadores de toda Galicia que tiñan unha incapacidade sen precisala.

A Xunta de Galicia informou sobre esta cuestión a comezos desta semana. O presidente, Alfonso Rueda, explicou que entre os meses de xuño e decembro o Sergas citou en persoa a 20.254 pacientes que estaban de baixa, e determinou que no 67,5% dos casos non estaba xustificada.

O DEBATE, sobre a mesa

En COPE Lugo saímos á rúa para preguntarlle á cidadanía por este tema candente. Por suposto, hai quen tira de sentido común. Se o necesito de verdade, o lóxico é pedir a baixa; senón, a seguir currando.

Tamén hai quen critica que a xente se vaia de vacacións aproveitando que está de baixa laboral, unha cuestión que depende do tipo de incapacidade do que se trate.

No tocante ás baixas prolongadas, algúns cidadáns tamén sinalan que habería que analizar mellor cómo se xustifican, e incluso hai quen fala da existencia de "tácticas" ou "amiguismos" para conseguilas.

Por último, hai quen abre outro capítulo perigoso: o daquelas persoas que se escudan nunha baixa para ocultar outros problemas laborais, como conflitos, acoso ou dificultades para conciliar.

      
             
      

Sexa como for, o debate non remata aquí.

Temas relacionados