Desde o Belén de Begonte agardan que pasemos unha "Linda Noite" de Nadal

ConVersoS, dúo confomado polo poeta Toño Núñez e o músico Xosé Manuel do Castro, gravou unha panxoliña nas instalacións do Centro Cultural José Domínguez Guizán

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

      
      
             
      

O dúo ConVersoS, formado polo poeta Toño Núñez e o músico Xosé Manuel do Castro, gravou a comezos desta semana a panxoliña "Linda Noite", con letra aplicada ao Belén de Begonte, para a súa difusión nas redes sociais como felicitación de Nadal, e como apoio á campaña de difusión para que o nacemento máis senlleiro da provincia de Lugo logre a declaración de Fiesta de Interés Turístico Nacional.

Galicia Digital

O poeta Toño Núñez e o músico Xosé Manuel do Castro conforman o dúo ConVersoS

Fin de semana "de récord"

Segundo explicaron desde a asociación que se encarga da xestión do belén, a última foi "unha fin de semana de récord", dunha banda "porque se achegan as datas principais do Nadal", e doutra por "coincidir coa Feira do Nadal, organizada polo Concello de Begonte"

De xeito especial, "o domingo pola tarde que houbo que prolongar máis de hora e media o horario de apertura", xa que "acudiron numerosas persoas que formaron longas colas que foron avanzando de xeito fluído".

MÁIS DE 11.000 VISITANTES

Nestes momentos, desde a súa inauguración o 30 de novembro, superouse xa a cifra de "11.000 visitantes, agardando para as próximas xornadas o maior número de asistentes".

Durante a mañá do luns visitaron o belén begontino un grupo de nenos do concello coruñés de Aranga e varios grupos da Residencia de Maiores de Castro de Ribeiras de Lea.

Temas relacionados