Búscanse 2,6 millóns de euros para rehabilitar un emblemático edificio no casco histórico de Lugo

O Concello da capital luguesa reclámalle á Xunta esa cantidade para iniciar a recuperación do Cuartel de San Fernando, co obxectivo final de transformalo no futuro Museo da Romanización de Galicia

A alcaldesa xuntouse cos representantes da plataforma MVRO
00:00
Ramudo

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo unha xuntanza con representantes da plataforma MVRO, que promove a rehabilitación de San Fernando

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo un encontro con representantes da Plataforma MVRO, que promove a rehabilitación do Cuartel de San Fernando para transformar este edificio, declarado Ben de Interese Cultural (BIC), no futuro Museo da Romanización de Galicia.

Foi un encontro no que alcaldesa lles trasladou que o goberno local ten previsto solicitarlle á Xunta de Galicia que concrete unha dotación orzamentaria plurianual e formalice a súa intención de colaborar na consecución dese obxectivo. En concreto, reclama da administración autonómica un investimento inicial de 2,6 millóns de euros.

"ESIXIR O QUE É DE XUSTIZA"

"É a miña responsabilidade esixir para Lugo o que é de xustiza. Somos a única administración que investiu neste proxecto. O Concello cumpriu coa súa parte destinando 2,5 millóns de euros á adquisición do inmoble e preto de 150.000 euros en tarefas de conservación ao longo dos últimos 8 anos", dixo a rexedora local.

"Agora debe ser o executivo galego o que financie a reforma da envolvente e da cuberta. Non hai tempo que perder", apuntou a alcaldesa.

Cuartel de San Fernando

COPE Lugo

Exterior do Cuartel de San Fernando, no casco histórico da cidade de Lugo

proxecto perseo

Na reunión, Alvarellos explicou que a guía do proceso de rehabilitación é a proposta Perseo, redactada por Pedro Colón de Carvajal e Raquel Buj, gañadores do concurso de ideas convocado pola Xunta no seu día e que ademais conta co informe favorable do Icomos, organismo asesor de Unesco -importante pola proximidade do cuartel de San Fernando á Muralla de Lugo, declarada Patrimonio da Humanidade-.

"A partir desta proposta, desde o Concello planificamos a execución dos traballos en catro fases. O que lle pedimos á Xunta é que asuma a primeira delas que afecta á envolvente e a cuberta e cuxo custo de execución coincide practicamente coa contía que o Concello destinou ata o momento ao proxecto", engadiu a alcaldesa.

"Isto situaríanos en disposición de acceder a outro tipo de liñas de financiamento, tanto fondos municipais, como o 2% Cultural ou fondos europeos, cos que poderiamos abordar as fases relacionadas coa musealización do inmoble, xa que son liñas específicas para este fin", sinalou.

El cuartel de San Fernando necesita una profunda rehabilitación

COPE Lugo

O Cuartel de San Fernando precisa dunha profunda rehabilitación

15.000 pezas de orixe romana

Alvarellos lembrou que máis de 15.000 pezas de orixe romana, das épocas alto imperial e baixo imperial, recuperadas ao longo de 30 anos de escavacións atópanse neste momento gardadas en dependencias municipais e mesmo en domicilios particulares de arqueólogos, o que ao seu xuizo é "unha neglixencia maiúscula por parte do executivo galego".

"É necesario que a Xunta asuma as súas competencias. Mentres o goberno de Rueda destina á reforma do pazo pontevedrés de Lourizán 17,3 millóns de euros pretende descargar nos lucenses a súa responsabilidade de protexer o noso patrimonio arqueolóxico nun agravio comparativo sen precedentes", concluíu.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

10:00H | 16 ENE 2025 | BOLETÍN