asegura que "ninguén da explicacións" por perder "oportunidades históricas"

Candia (PP): "Trece anos de promesas sobre a rehabilitación dos barrios Feijóo e Milagrosa, sete anuncios e cero realidades"

A voceira popular compareceu en rolda de prensa, acompañada por concelleiros do seu grupo, a deputada Cristina Abades e os senadores Juan Serrano e José Manuel Balseiro

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

      
      
             
      

A voceira do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Elena Candia, resumía en cifras o que calificou como "falta de dilixencia do goberno local" no relativo á xestión de fondos para rehabilitar dous barrios da cidade".

"Tres alcaldes distintos, durante un periodo de 13 anos, fixeron ata sete promesas de que ían rexenerar os barrios da Milagrosa e Feijóo. O certo é que acabaremos o 2024 con cero realidades e cero euros para rehabilitación de edificios e espazos públicos", lamentou.

A voceira popular compareceu en rolda de prensa, acompañada por concelleiros do seu grupo, a deputada Cristina Abades e os senadores Juan Serrano e José Manuel Balseiro.

Dixo que "a cronoloxía de promesas incumpridas arranca no ano 2011, cando José López Orozco lle prometeu á veciñanza entrar nun programa de rehabilitación".

o mesmo plan cambiou tres veces de nome

Engadiu que "unha boa proba da lentitude e do fracaso na xestión dos trámites deste goberno local é que o programa xa cambiou tres veces de nome. O que agora coñecemos como Entorno Residencial de Rehabilitación, foi antes ARRU e, anteriormente, ARI".

Segundo explicou Elena Candia, o que que sucedeu "é que o goberno local non tiña delimitadas as áreas de rehabilitación destes barrios en prazo, é decir antes do 19 de outubro de 2022. De feito, a aprobación desta delimitación se produciu dous anos despois", nunha xunta de goberno celebrada o 23 de maio de 2024.

      
             
      

non se ampliará o prazo

Pola súa banda, os deputados e senadores que participaron nesta rolda de prensa explicaron o Goberno de España deixou ben claro que non se vai ampliar o prazo de execución e a dotación orzamentaria dos programas de axudas en materia de rehabilitación, de modo que Lugo volverá a quedar fóra.

Segundo Elena Candia, hai unha sobreactuación por parte do goberno local cando o Concello de Lugo concorre a unha convocatoria de axudas, pero non se informa convenientemente cando queda fóra. "Ninguén da explicacións nin pide desculpas, aínda que se perdan oportunidades históricas", lamentou.

Temas relacionados