O CEIP Laverde Ruiz e o Concello de Outeiro de Rei invitan á primeira Feira do Libro
Un evento para todas as idades que se celebrará o martes 22 de abril

Nenas e nenos de 5º de Primaria do CEIP Laverde Ruiz
Lugo - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O Concello de Outeiro de Rei e os nenos e nenas do CEIP Laverde Ruiz -a través dun mensaxe en formato audio que se pode escoitar premendo sobre o triángulo da foto principal nesta noticia de COPE Lugo- convidan a todo o público a participar na súa primeira Feira do Libro, unha xornada especial na que se combinarán actividades culturais, educativas e de lecer. A feira estará aberta de 10:00 a 14:30 horas e de 15:30 a 19:00 horas, con propostas para toda a familia.
xornada para os amantes dos libros e a cultura
A Feira do Libro de Outeiro de Rei non só ofrecerá a posibilidade de comprar libros e coñecer aos seus autores, senón tamén un conxunto de actividades para todos os públicos.
Ao longo do día, o evento contará con a presenza de escritores e escritoras de renome da provincia de Lugo, como Ana Meilán, María Canosa, Toño Núñez, Anxo Moure, Sabela Núñez, Rocío López, Marisol Bravos, Jordi Cicely, Fernanda Arroxo e Abril Camino, que participarán en contacontos e presentarán as súas obras.
Ademais das actividades literarias, haberá espectáculos de maxia a cargo do Mago David, un obradoiro de pintacaras, a presenza de Guido Guía e un orador, así como a exposición de debuxos.
A xornada tamén incluirá a doazón de libros á Biblioteca Pediátrica do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).
Participación de librerías e sorteos
Durante a Feira, tamén participarán tres librerías da zona: Ardelos de Rábade, Amorín de Castro de Rei e Aguirre de Lugo, que ofrecerán as súas propostas literarias.
Ademais, ao longo do día repartirase material promocional entre os asistentes, e realizarase un sorteo no que se entregarán tres bonos de 50 euros e un libro.
Non perdas a oportunidade de vivir un día único en Outeiro de Rei, no que a lectura, o disfrute e a cultura serán os grandes protagonistas, un evento para todos os públicos e para todas as idades.
A Feira do Libro de Outeiro de Rei será o escenario perfecto para disfrutar dun día diferente e pleno de actividades, tanto para os máis pequenos como para os adultos.
A invitación queda feita!