A CIG concéntrase en Lugo contra os "abusos" da inspección médica
O sindicato asegura ter detectado "un incremento na tramitación das altas de persoas traballadoras que aínda non curaron ou que non tiveron melloría"
Lugo - Publicado el
1 min lectura
Representantes da Confederación Intersindical Galega (CIG) concentráronse este mércores diante do edificio do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) en Lugo, na Ronda Xosé Castiñeira, para denunciar os "abusos na persecución das baixas" por parte da inspección médica.
O sindicato asegura ter detectado "un incremento na tramitación das altas de persoas traballadoras que aínda non curaron ou que non tiveron melloría".
Ao mesmo tempo, dende a CIG aseguran que a Administración "denega incapacidades" e "demora a resolución destas", dándose "situacións de persoas que esgotaron os prazos sen ter aínda resolución".