Comeza a conta atrás: Unha ducia de operarios ultima a limpeza do novo auditorio de Lugo para a súa inauguración

O concerto inaugural da soprano vasca Ainhoa Arteta será o día 20 de decembro, oito anos despois do remate da obra civil

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

1 min lectura

      
      
             
      

Os traballos de limpeza do novo auditorio están en marcha, coa incorporación dunha media diaria de 12 empregados para completar o traballo nas próximas dúas semanas. A idea é que o novo edificio esté listo para a súa inauguración o día 20, co concerto da soprano vasca Ainhoa Arteta. 

"Estes días a actividade é continua e hai xornadas nas que ata 16 traballadores están a executar estas tarefas, que o goberno local encomendou á empresa que realiza a limpeza das instalacións do resto de dependencias municipais", informou o Concello nun comunicado. 

O concelleiro en funcións de Transición Ecolóxica, Mauricio Repetto, sinala ao respecto que “o ritmo dos traballos é bo. Dende o goberno local estamos a facer un gran esforzo para que todo estea a punto para a apertura”.

Concello de Lugo

As tarefas de limpeza contemplan o interior e o exterior do edificio de Magoi

  • Unha das tarefas que require dun maior número de operarios e de máis horas é a limpeza dos cristais, tanto exteriores como interiores, polo que a firma encargada destes traballos destinará varias brigadas para intervir nas fachadas principal, nas traseiras e tamén nos cristais interiores.

Outra das intervencións que require máis medios técnicos e humanos é a propia limpeza do interior do edificio, co fregado mecanizado, aspirado e limpeza xeral das butacas e das salas.

Ramudo

Limpeza da sala principal do novo auditorio

Na execución destes traballos estanse a empregar moitos medios técnicos como aspiradores de mochila, vasoiras eléctricas, fregadoras mecanizadas, plataformas de tesoira, elevadoras de ata 20 metros e hidrolimpadoras de gasolina.

      
             
      

Tamén, "outros produtos e maquinaria adecuados ás características dos materiais construtivos destas instalacións e acordes coas actividades a desenvolver”, sinala Mauricio Repetto. 

Ademais, a intervención no novo auditorio inclúe tamén a limpeza dos solos e altos do aparcadoiro e a dos solos exteriores con hidrolimpadora.

Temas relacionados