Compiten 64 e so pode quedar un: comeza a loita por ser o cartel do Arde Lucus 2025

Ábrese este martes a votación popular nas redes sociais para elixir, nunha primeira fase, entre os deseños presentados para ser a imaxe da festa de recreación histórica da cidade de Lugo

Loita entre castrexos e romanos no Arde Lucus 2024
00:00
Gabinete de Comunicación do Concello de Lugo

Jorge Bustos, concelleiro de Xuventude, explica o proceso de votación para o cartel do Arde Lucus 2025

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A Área de Xuventude do Concello de Lugo abre este martes a votación popular nas redes sociais do Arde Lucus para elixir, nunha primeira fase, entre os 64 deseños presentados na edición deste ano da festa de recreación histórica. 

De todos eles, a metade dos traballos que obteñan maior respaldo popular, é dicir 32, pasarán a unha seguinte e derradeira fase, na que un xurado de expertos elixirá o deseño gañador. 

Os lucenses poderán votar aquí polo seu cartel favorito ata o vindeiro 14 de abril ás 12:00 horas do mediodía. 

tres eliminados por plaxio ou POR usar ia

Está previsto que a Casa da Xuventude acolla o 16 de abril, a partir das 11:00 horas da mañá, o acto no que se descubrirá a obra escollida para representar o evento de recreación histórica, unhas instalacións municipais que ademais acollerán durante un mes a exposición dos 64 deseños aceptados para o concurso deste ano, ao que se presentaron 67

Dende a Área de Xuventude sinalan que estes tres traballos foron eliminados do concurso por tratarse de copias de portadas de libros, de carteis doutras festas nacionais e pola utilización de intelixencia artificial (IA), algo prohibido nas bases deste concurso, que premiará con 1.900 euros ao gañador desta edición.

Campamento da Cohors III Lucensium durante o Arde Lucus 2024

Gabinete de Comunicación do Concello de Lugo

Campamento da Cohors III Lucensium durante o Arde Lucus 2024

"ALTA PARTICIPACIÓN" E "GRAN PROXECCIÓN"

O concelleiro de Xuventude, Jorge Bustos, encargado da organización da festa de recreación histórica, puxo en valor "a alta participación de deseños presentados neste ano, fronte aos máis de 50 do ano pasado e aos 35 da edición de 2023".

"Estamos satisfeitos non só polo que supón para a festa en si, senón porque consideramos que é unha moi boa plataforma para darse a coñecer como artista ou deseñador gráfico, cunha gran proxección pola propia internacionalización do Arde Lucus", indicou o edil socialista.

XURADO VENCELLADO CO EIDO ARTÍSTICO

O propio Jorge Bustos será un dos integrantes do xurado, aínda que ao igual que outro técnico de Xuventude, non terá nin voz nin voto.

Os que si decidirán sobre o deseño gañador serán o resto de membros do xurado, é dicir, persoas vinculadas coa ilustración e o deseño gráfico, unha persoa en representación da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón e o arqueólogo municipal, Enrique González.

Todos eles deberán decidir o cartel que será a imaxe do Arde Lucus deste ano, en función de distintos criterios como o deseño e a composición estética, a orixinalidade da obra, a creatividade e a calidade da mesma.

Escudos romanos no Arde Lucus 2024

Gabinete de Comunicación do Concello de Lugo

Escudos romanos no Arde Lucus 2024

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

10:00H | 12 ABR 2025 | BOLETÍN