O Concello activa este xoves un novo plan de tráfico no casco histórico de Lugo polas obras de peonalización

Os cambios implican a liberación do tráfico pola Rúa San Marcos e permitirán a entrada e saída de vehículos por San Fernando

Obras Bolaño Rivadeneira
00:00
Ramudo

O Concello de Lugo activa este xoves un novo plan de tráfico no casco histórico

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O Concello de Lugo activará este xoves un novo Plan de Tráfico no entorno da Praza de Santo Domingo e da Praza de Ferrol, no casco histórico da cidade, para continuar cos traballos de pavimentado no carril de circulación esquerdo da Rúa do Teatro e na propia Praza de Santo Domingo, fronte a intersección coa Rúa San Marcos.

O goberno local precisa que este novo plan se enmarca dentro das obras de peonalización do proxecto "Corazón Verde entre Murallas", que se atopa na recta final.

Para a execución destes traballos faise necesario cortar o tránsito de vehículos nas devanditas zonas. Deste xeito, os vehículos entrarán á Praza de Santo Domingo pola Rúa do Teatro e terán a súa saída do centro histórico pola Rúa Quiroga Ballesteros, Rúa San Froilán e Rúa San Fernando. Estes cambios implican, así mesmo, o corte do acceso ao tráfico pola Rúa San Marcos e a entrada e saída de vehículos á Praza de Ferrol por San Fernando.

Imagen que ofrece a día de hoy la Praza do Ferrol, con las obras prácticamente finalizadas

Ramudo

Imagen que ofrece a día de hoy la Praza de Ferrol, con las obras prácticamente finalizadas

Medidas para garantir a seguridade e a mobilidade

Durante a execución dos traballos garantirase en todo momento o tránsito peonil, con accesos seguros a vivendas, garaxes e locais comerciais. 

Estableceranse, ademais, itinerarios alternativos para peóns con especial atención ás persoas con mobilidade reducida. Nos casos nos que se precise ocupación de prazas de estacionamento, farase conforme ao protocolo municipal. A Policía Local supervisará a implantación da sinalización e poderá modificar os dispositivos en función das necesidades do tráfico.

O Concello de Lugo agradece a colaboración da cidadanía e solicita comprensión polas molestias que estas actuacións poidan ocasionar. 

Imagen actual de la Rúa Montevideo, donde siguen las obras de peatonalización

Ramudo

Imagen actual de la Rúa Montevideo, donde siguen las obras de peatonalización

O obxectivo principal destas intervencións é facer de Lugo unha cidade máis accesible, sostible e pensada para as persoas.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

04:00H | 29 MAR 2025 | BOLETÍN