Mostra no hula

¿Como convivir cunha bolsa de ostomía?

Unha exposición amosa no HULA como é a vida das persoas que teñen que vivir cunha bolsa que recolle as feces ou a ouriña do seu organismo e os coidados que reciben no sistema público de saúde

Inauguración exposición HULA
00:00
Ramudo

Unha exposición fotográfica inaugurada no HULA amosa o día a día dos pacientes e dos enfermeiros

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura

Unha ostomía é unha abertura artificial, que se fai quirúrxicamente no corpo dunha persoa para permitir o paso da ouriña e das feces. É unha intervención que se usa para tratar enfermidades dos sistemas dixestivos e urinarios, como unha obstrucción intestinal, a enfermidade de Crohn, unha colite ulcerosa ou unha inflamación dos divertículos -pequenas protuberancias que se forman na parede do intestino-.

Certamente, é unha complicación para os doentes, que teñen que acostumarse a vivir dun xeito diferente. Hoxe foi inaugurada no HULA unha exposición fotográfica itinerante que leva por título 'Héroes e heroínas, unha mostra coa se busca rendir homenaxe e darlle vibilidade ás 70.000 persoas que viven en España cunha bolsa de ostomía para tratar as suas enfermidades, pero tamén ás enfermeiras que se ocupan do seu coidado.

A exposición parte dunha iniciativa conxunta de GESTO (Grupos de ESTOmaterapeuas) e Hollister, compañía que fabrica, desenvolve e comercializa produtos de ostomías.

pacientes e enfermeiras son os protagonistas

As fotografías teñen como protagonistas, fundamentalmente, aos pacientes, pero tamén aos enfermeiros/as estomaterapeutas que cada día están ao seu carón.

A exposición foi inaugurada este martes na entrada principal do Hospital Universitario Lucus Augusti, coa participación do xerente de Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares. Tamén persoal de Hollister e do grupo GESTO.

Ademais, tomou parte na presentación a enfermeira estomaterapeuta do HULA, Mónica Vila, quen falou do traballo que se realiza na consulta de ostomías do HULA, da relación que se establece cos pacientes e das actividades que se desenvolve no hospital. 

Ademais, un paciente deste centro hospitalario relatou en primeira persoa como é a súa convivencia cunha bolsa de ostomía e a súa adaptación a este proceso.

O autor das fotografías é Álvaro Laiz, explorador de National Geographic e un dos mellores retratistas fotográficos do mundo, segundo o recoñecemento que obtivo en 2010 nos premios internaciononais Sony World Photography Awards.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo

COPE LUGO

En Directo

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 22 OCT 2024 | BOLETÍN