Chega a Feira da Maquinaria Usada, Artesanía e Antigüidades de Cospeito, unha cita imprescindible da primavera de Lugo
O alcalde, Armando Castosa, convida a toda a cidadanía galega a disfrutar dun dos eventos máis emblemáticos da provincia que se volve celebrar o 26 e o 27 de abril

34ª edición da Feira da Maqueinaria de Cospeito
Lugo - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O Concello de Cospeito espera recibir entre 15.000 e 20.000 visitantes que se achegarán á Feira da Maquinaria Usada, Artesanía e Antigüidades, un evento que se sustenta en tres piares fundamentais: a maquinaria usada, a artesanía e as antigüidades.
"Temos moitas cousas que ver e que comprar, e por iso convidamos a todo o mundo a que se achegue a desfrutar dunha fin de semana chea de tradición e de novas experiencias", asegurou o alcalde Armando Castosa.
tamén pinchos gratis
A Feira da Maquinaria Usada abrirá as súas portas o sábado 26 de abril ás 10.00 horas, cun recinto de máis de 20.000 metros cadrados dispoñibles para acoller a máis de 150 expositores, que incluirán postos de maquinaria, antigüidades, artesanía e venda entre particulares na Rúa Curros Enríquez.
A inauguración oficial terá lugar ás 12:00 horas. A feira tamén contará con un espazo gastronómico no que os visitantes poderán degustar pinchos gratuítos grazas ao programa Galicia Sabe Amar da Xunta, que terá unha foodtruck activa de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
A xornada do domingo 27 será máis longa, xa que a feira abrirá as súas portas de forma ininterrompida entre as 9:00 e as 20:30 horas.
A organización do evento agarda que a boa meteoroloxía acompañe para garantir unha masiva afluencia de público e que todos os asistentes poidan gozar da feira sen imprevistos climáticos.
a música que non falte
Ademais, a oferta cultural e musical de Cospeito dálle un novo alento á cita. Durante o fin de semana, a IV Festa da Música será outro dos principais atractivos. Asubiíños da Chaira e a Charanga DGT darán o pistoletazo de saída aos pasacalles do sábado 26, mentres que a xornada tamén contará con actuacións de grupos locais e comarcais como Árdelle ou Eixo (Vilalba), A Subela (Foz), Grupo Múxica (Laxe), Canavella & Axóuxere (As Pontes), Cerna de Árbol (Vilalba) ou Pre-Asubíos (Cospeito), que percorrarán as rúas da vila e farán bailar a todos os presentes.
armando castosa. "é un evento para todos"

Armando Castosa é o alcalde de Cospeito
A Feira da Maquinaria Usada, Artesanía e Antigüidades de Cospeito é, sen dúbida, unha das citas máis agardadas do ano na provincia. Non só é un espazo para a compra e venda, senón tamén para desfrutar de actividades culturais, musicais e gastronómicas.
Armando Castosa, o alcalde, animou a todos os lucenses e galegos a non perderse esta oportunidade de gozar dunha fin de semana única.
"Este evento é para todos, tanto para as familias como para aqueles que queren descubrir a riqueza cultural e artesanal da nosa terra. Aquí, todo o mundo pode atopar algo que lle apaixone", concluiu o rexidor municipal.