A Faba de Lourenzá, á procura dun "rescate"

Os cinco concellos da Mariña afectados pola perda dun 80% da produción a pasada campaña fan fronte común para esixir unha solución de urxencia á Consellería do Medio Rural

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el

1 min lectura

Preocupa a falta de solucións por parte das administracións á crise da Faba de Lourenzá, concello que lle dá nome ao produto, pero que tamén inclúe a outros municipios da contorna como Barreiros, Ribadeo, Trabada ou Mondoñedo

A novidade, despois dunha campaña desastrosa para este emblema da horta de Lugo, é que estes cinco concellos, máis aló das súas diferenzas políticas, veñen de acoller unha proposta do Sindicato Labrego Galego (SLG) para esixir unha reunión urxente coa conselleira do Medio Rural, María José Gómez.

PERDA DO 80% DA COLLEITA

No pasado ano 2024 os produtores de faba da Mariña rexistraron unha perda de máis dun 80% da colleita, por mor das choivas do verán que propiciaron a proliferación de fungos e enfermidades.

Por ese motivo, o SLG pídelle á Xunta de Galicia unha axuda directa para paliar esta situación, unha medida que si se vai artellar na comunidade veciña de Asturias

A organización agraria tamén propón unha modificación da PAC no relativo á produción de proteínas vexetais e a creación dunha mesa de traballo que se adiante aos posibles efectos negativos do cambio climático

O caso é que, se non hai máis garantías, hai produtores que se poderían baixar do barco, e iso é o que queren evitar a toda a costa todos os actores implicados.

COPE de la Costa

Fabas de Lourenzá en un excelente estado

Temas relacionados