un balance moi positivo

Lugo recibiu este verán o maior número de turistas da última década

A Xunta confirmou que chegaron á cidade 39.000 visitantes, o que supón un incremento do 11% ao respecto do 2023

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

1 min lectura

      
      
             
      

O balance da chegada de turistas a Lugo nos últimos meses é extraordinario. A cidade recibiu a visita de 39.000 persoas. É a maior cifra rexistrada nunha campaña de verán na última década, segundo a información que facilitaron las últimas horas o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles.

Nos meses de xullo e agosto a chegada de visitantes aumentou nun 11%. O dato de ocupación hoteleira é aínda mellor. Falamos de xente que chegou á cidade e fixo noite aquí. Aumentou nun 18%.

Lugo capital foi o terceiro destino da provincia por número de visitantes e a cuarta cidade de Galicia.

"unha campaña extraordinaria"

"Lugo tivo uns resultados turísticos moi positivos este verán, no marco dunha campaña que foi extraordinaria en toda Galicia. A xestión turística que a Xunta vén desenvolvendo nos últimos anos tradúcese en incremento da demanda en prácticamente tódolos destiños”, explicou Javier Arias.

Xunta

Javier Arias e Xosé Merelles presentaron os datos da chegada de turistas a Lugo este verán

Así, lembrou o delegado territorial, “na cidade de Lugo aumentou nun 11% o número de viaxeiros e nun 18% o volume de pernoctas, situándose como cuarto destino urbano con maior peso de Galicia, por detrás de Santiago, Vigo e A Coruña”.

En concreto, matizou, “rexistráronse case 39.000 viaxeiros aloxados e preto de 72.000 pernoctas, alcanzando as mellores cifras de, cando menos, os últimos dez anos"

      
             
      

Ademais, o Camiño Primitivo continúa exercendo como elemento tractor. Nos oito primeiros meses deste ano o número de peregriños aumentou nun 19%. Chegaron pola ruta xacobea preto de 21. 500 persoas.

Temas relacionados