Lugo será este fin de semana a capital da Artesanía Alimentaria de Galicia

A Praza Horta do Seminario acollerá dende o venres o Mercado de Nadal que organiza a Consellería do Medio Rural para promocionar os mellores produtos do agro galego

María José Gómez, artesanía alimentaria

Ramudo

María José Gómez, artesanía alimentaria

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura

Lugo será esta fin de semana, grazas á Consellería do Medio Rural, a capital da Artesanía Alimentaria de Galicia. A Praza Horta do Seminario transformaráse nun escaparate dos produtos alimentarios galegos de calidade diferenciada cun Mercado de Nadal que abre as súas portas o venres -13 de decembro- pola tarde e as pechao domingo 15- nesta cidade. 

En total, serán 25 os operadores participantes neste mercado, no que ofrecerán as súas creacións ao público en xeral. En canto ao programa, o venres pola tarde haberá obradoiros infantís de postais, chapas de Nadal ou tatoos. Ademais, farase unha maridaxe de queixos e embutidos con sidra artesá e está tamén prevista unha visita de Papá Noel, que será recibido cunha degustación de chocolate.

O sábado o mercado abrirá desde as 11:00 ata as 14:00 horas e a partir das 16:00 ata as 20:30 horas. O programa incluirá tamén obradoiros infantís, así como talleres de elaboración de amuletos con miga de pan ou de xeados con queixo artesá. Así mesmo, celebraranse degustacións de derivados cárnicos, unha merenda con ideas para un pique-nique artesán, maxia para todos os públicos e sorteos de lotes de produtos.

Ao respecto do programa para o domingo, ademais dos obradoiros para os máis cativos, os sorteos e as degustacións, terán lugar tamén espectáculos de teatro e un monólogo a cargo de Leti da Taberna.

a mellor época do ano

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, puxo en valor esta iniciativa e o feito de que se celebre nunha época do ano especialmente axeitada para facer promoción dos produtos alimentarios e, nomeadamente, dos de calidade, xa que hai un maior consumo e a cidadanía está disposta a facer un maior esforzo económico na cesta da compra para celebrar as festas.

A montaxe e coordinación deste mercado corresponde á Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita a Medio Rural.

Listaxe das empresas participantes no mercado de Lugo:

1. CAURELOR

2. ABELLA MEIGA

3. QUEIXOS CASTELO

4. BIOSTORE

5. DANIBERTO

6. EMBUTIDOS VALENTINA

7. MENDUIÑA

8. JAMONES SUÁREZ

9. ACEIROGA

10. EMBUTIDOS SUARNA

11. DO GAITEIRO

12. NELA GOURMET

13. ÁNADES GALICIA

14. MAMÁ TERESA

15. MEL DE LIÑARES

16. SACRAPASTAS

17. BOMBONES MORENO

18. TRASDEZA NATUR

19. CASA MERCHE

20. BISQATO

21. CIENPORCEL

22. PUERTO BASELLA

23. GANDARÍA QUINTIÁN

24. O PODER DAS FLORES

25. CONDADO PARADANTA

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 12 DIC 2024 | BOLETÍN