O Nadal comeza hoxe en Lugo

Salva Arco acende o alumeado ornamental na cidade, abre o mercado Nadalmente Lucense e Correos pon os buzóns para mandarlle cartas a Papá Noel e aos Reis Magos

Nadal en Lugo, Sto Domingo
00:00
Ramudo

Esta tarde quedará acendido o alumeado de Nadal e aberto o mercado Nadalmente Lucense, na Praza Maior

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura

Agora sí. Temos as festas de Nadal petando ás portas. Esta noite, o director xeral do Breogán, Salva Arco, acenderá o alumeado na cidade. Tamén abre esta tarde o tradicional mercado de Nadal, na Praza Maior. O mercado Nadalmente Lucense comeza por todo o alto este xoves cunha chocolatada navideña, a visita de Mamá e Papá Noel e diferentes actividades para as familias e ao público infantil. 

  • Este ano, o horario será amplo, de mañá e tarde. De once a dúas e media, polas mañás, e de catro e media a nove da noite.

Por outra parte, a Deputación de Lugo e a Federación de Comercio lanzan a campaña Regala en Nadal, Merca en Local. O comercio tradicional, co apoio da institución provincial, sorteará 13.500 euros en premios entre os seus clientes.

Por certo, Correos informou de que xa están instalados os buzóns para enviarlles as cartas a Papa Noel e aos Reis Magos na Oficina Principal, na Rúa San Pedro, e na sucursal de Agro do Rolo, na zona norte da cidade.

Paula Alvarellos con Papá e Mamá Noel

Ramudo

Paula Alvarellos con Papá e Mamá Noel

salva arco acende o alumeado

O ex xogador do Breogán e actual director xeral do clube, Salva Arco, será o encargado de acender as luces de Nadal na cidade. O alumeado ornamental permanecerá en funcionamento ata o 6 de xaneiro, en horario de 18:00 a 00:30 horas, durante a semana, e de 18:00 a 03:00 horas, as fins de semana e vésperas de festivos.

Este ano foron colocadas nas distintas rúas e prazas un total de 197 arcos luminosos e 36 elementos ornamentais. Ademais, foron decoradas unhas 100 farolas.

Entre os elementos ornamentais, destaca a instalación dunha figura en 3D na praza de Santo Domingo, preto da Praza de Abastos, que conta con 2.600 puntos de luz, e a decoración de varias rotondas da cidade -con árbores de 8 metros de altura e 1.900 puntos de luz-.

Os concelleiros do BNG coa mascota do Breogán -Maximus- o pasado Nadal

Concello de Lugo

Os concelleiros do BNG coa mascota do Breogán -Maximus- o pasado Nadal

Noutras prazas, foron instalados outros motivos en 3D, cun mínimo de 2.000 puntos de luz e árbores de 3 metros de altura e 12.000 puntos de luz.

O percorrido da ruta xacobea ao seu paso pola cidade ten ademais unha decoración especial e as letras Lugo Km 100, colocadas na praza do Camiño Primitivo, foron decoradas tamén con luces. 

A árbore da Praza Maior, fronte ao Concello, ten 20 metros de altura e está instalado sobre unha plataforma de 8x8 metros. Conta con 3 figuras para poder utilizalo como photocall e 15.000 puntos de luz.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 20 ENE 2025 | BOLETÍN