Os pacientes da provincia de Lugo son os que menos agardan por unha intervención cirúrxica de toda Galicia

Rediciuse en tres días o tempo medio de espera para unha operación, que se sitúa en 47 días, e tamén aumentou substancialmente a actividade nos tres hospitais da área sanitaria

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos reduciu en tres días o tempo medio de espera para unha operación, que se sitúa en 47 días -mellor dato de toda Galicia-, ao tempo que se aumentou substancialmente a actividade e se reduciu o número de pacientes en espera durante o pasado ano 2024.

No que atinxe ás primeiras consultas, o tempo medio de espera a finais do ano pasado foi de 79 días, sete menos que en 2023, aumentando tamén de xeito significativo a actividade nesta área, na que se superaron as 630.000 consultas de especialistas, 16.285 máis que no ano anterior.

Neste senso, destacan os 27 días de diminución da espera en consultas externa do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Asimesmo, nos tres hospitais da provincia realizáronse máis de 517.000 probas diagnósticas, cun 31% máis de probas de medicina nuclear ou un 14% máis de resonancias.

"ESFORZO, DEDICACIÓN E IMPLICACIÓN"

O xerente da área sanitaria, Ramón Ares Rico, quixo remarcar "o esforzo, a dedicación e a implicación dos máis de 6.400 profesionais das distintas especialidades e categorías do Sergas na provincia, imprescindibles para dar máis e mellor atención asistencial aos pacientes"

"Os nosos traballadores, de todas as categorías, son os verdadeiros artífices do incremento de actividade e da calidade da atención que ofrecen cada día aos cidadáns que acoden aos nosos hospitais ou centros de saúde", recalcou.

Temas relacionados