Plenario "ten o demo no corpo": as "previas" tamén son a festa

Porque as "previas" poden ser tan importantes coma os partidos

Chema Núñez

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Este sábado, de 4 a 8 da tarde, o Restaurante "Do Pazo" no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo acollerá unha cita que ningunha alma futbolera querría perder, as "Previas do Lugo", con churrasco e polbo. E é que, se Plenario di que "ten o demo no corpo", é porque sabe que as "previas" non son simplemente unha excusa para encher o tempo antes do partido: son unha parte esencial da festa. E quen mellor para presidir esta xornada que o rei da noite, Plenario, que se converte na alma de calquera celebración.

Porque o fútbol, claro, non é só pegarlle patadas a un balón ou ver como outros fano. O fútbol tamén é chegar ao campo enchufado, con toda a enerxía e as boas vibras posibles. Unos chegan a tope de preparación física, outros, como os seguidores, chegan cargados de afección e ganas de pasar un bo rato, cun "man que pierda" (o rival, por suposto).

Este sábado, o Restaurante "Do Pazo", en colaboración con Regueira e, como non, Plenario, ponlles todo ao alcance da man aos que se queren preparar para un bo partido e mellor festa. Dende as 4 da tarde e ata as 8, non faltará de nada: risas, boa comida (coa famosa parrillada e un polbo que vai deixarte sen palabras) e bebidas para botar o corpo a andar.

E non se trata só de pasar un bo rato entre amigos, tamén se trata de chegar ao Anxo Carro cunha boa dose de enerxía para apoiar ao CD Lugo no seu encontro contra os Unionistas de Salamanca, que arrincará ás 20:30. Porque, por moito que se diga que o fútbol se xoga no campo, as "previas" tamén teñen o seu peso.

Por suposto, a festa está aberta a todo o mundo, tamén aos seguidores de Salamanca, que son benvenidos na churrasquería do bebercio, porque aquí, o que importa é pasalo ben e facer amigos.

Xa sabes, non te esquezas: Sábado 15 de marzo, dende as 4 da tarde no Restaurante "Do Pazo", porque se "o demo ten o corpo", non vai ser para estar parados.