política municipal

O PP anima aos veciños de Lugo a alegar contra a suba de impostos para o vindeiro ano

Asegura que cunha mellor xestión municipal se evitaría o esforzo extraordinario, cifrado en 4,5 millóns de euros, que o Concello lles pide aos lucenses

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Coincidindo co día no que se abre o prazo para presentar alegacións ás ordenanzas fiscais para o vindeiro ano, que contemplan unha subida do IBI e do recibo da auga, entre outros impostos municipais, o PP “anima á cidadanía a presentar achegas para facer valer os seus dereitos” e lembra que “prazo remata o 13 de novembro”.

En rolda de prensa, a voceira do grupo municipal do Partido Popular, Elena Candia, dixo que “cunha mellor xestión municipal se evitaría o esforzo extra que se lle pide aos lucenses con esa suba de impostos”.

  • Nese sentido, informou de que “hoxe comezou o prazo de 30 días naturais para presentar alegacións ás ordenanzas fiscais aprobadas por PSOE e BNG no pleno do pasado xoves, 26 de setembro, co voto en contra do Partido Popular”.

Candia lamentou que o goberno local, aínda que contou con máis ingresos pola participación nos tributos do Estado e xestionou 51 millóns de euros de remanentes nos últimos cinco anos, ao final, acabou por endebedar ao Concello e tivo que contratar un préstamo de 13,5 millóns de euros para executar investimentos.

"Dar exemplo antes de cargar os esforzos aos de sempre"

A alcaldesa xustificou que sube os impostos para dar mellores servizos pero nin se compromete a xestionar mellor, nin aclara para que pide un esforzo de 4.5 millóns de euros aos lucenses. Tampouco explica en que van a mellorar os servizos”, dixo Candia.

Por iso, a voceira popular preguntase “se PSOE e BNG están dispostos a renunciar a gastos superfluos e a deixar de facer proxectos que non supoñen ningún valor engadido e que acaban convertíndose nunha hipoteca para as arcas municipais”.

Voto en contra da suba de catro taxas

Lembrou que o Partido Popular votou en contra da suba de catro taxas que afectan directamente á veciñanza: plusvalía, saneamento e abastecemento, sumidoiros e o Imposto de Bens Inmobles (IBI). Elena Candia dí que o goberno local “ten mecanismos para incrementar os ingresos municipais sen ter que cargar este esforzo á cidadanía.”

  • Explicou que “está demostrado que se restamos a auga que se trata e se verte na rede (9.8Mm3), coa que se consume e destina a baldeos (5.1 mM m3) nos atopamos con que 4.486.790 m3 de auga se perde en fugas ou consumos ocultos. A pesar de que esa auga non chega as billas dos domicilios e empresas, a veciñanza paga igual por ela 5.182.242,45 €. Este é un claro exemplo de mala xestión xa que se paga por un servizo que non funciona correctamente”.

Con respecto ao Imposto de Bens Inmobles, lembrou que Lugo ten o segundo IBI máis caro de Galicia logo de Vigo e esixiu “claridade respecto ao posible cambio no tipo de gravame do IBI para as fincas en áreas de expansión".

Estamos falando de terreos, que ata agora pagaban o IBI Rústico, e que poderían pasar a pagar o IBI Urbano, o que suporía unha suba significativa para os propietarios de máis de 15.000 metros cadrados de propiedades nas parroquias de Lugo”, precisou.

Temas relacionados