a conselleira maría josé Gómez dixo que é unha ferramenta pioneira en españa
Un servizo público para unha necesidade real: o matadoiro móbil da Xunta funciona a demanda no rural
Deulle servizo a preto de 200 explotacións galegas de gando ovino, cabrún e porcino en menos dun ano de funcionamento
Lugo - Publicado el
1 min lectura
É un servizo público pensado para respostar a unha necesidade real das explotacións máis alonxadas dos grandes núcleos de poboación e dos matadoiros convencionais. A Unidade Móbil de Sacrificio de Gando permite que esas granxas fagan o traballo de xeito máis cómodo e, sobre todo, aforren gastos, o cal non é un tema menor se temos en conta os reducidos marxes comerciais nos que se moven.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, puxo en valor esta ferramenta, pioneira en España, que xa deu servizo o preto de 200 explotacións galegas de gando ovino, cabrún e porcino en menos dun ano de funcionamento.
A titular de Medio Rural destacou que este servizo público axuda a mellorar a xestión e a rendibilidade de moitas explotacións de pequeno tamaño, localizadas en zonas afastadas de grandes núcleos de poboación e situadas lonxe dos matadoiros convencionais.
Ademais,salientou as vantaxes que ofrece o matadoiro móbil aos gandeiros de gando ovino, cabrún e porcino, xa que mellora a súa rendibilidade ao reducir os custos de transporte, así como a calidade da carne e do benestar animal, e dinamiza as zonas rurais do rural, ao dotalas dun servizo que as fará máis atractivas para traballar e para vivir.
rutas organizadas en función da demanda
Os gandeiros interesados en contar co servizo do matadoiro móbil dispoñen dun número de teléfono gratuíto, o 982 251 201, para poder solicitalo.
As súas rutas organizaranse segundo as demandas dos gandeiros, para optimizar ao máximo os recursos. Neste sentido, concertase con cada titular o día e a hora do sacrificio e o matadoiro móbil desprazarase ata a propia explotación, se é posible, ou ata o lugar próximo máis accesible, en función das características das vías de comunicación, para prestar servizo a través desta ferramenta.