Os traballadores da COPE transmiten as súas condolencias á familia de Paula Alvarellos e ao pobo de Lugo

Lugo atópase consternada tras a inesperada e dolorosa perda da súa alcaldesa, Paula Alvarellos, quen deixou unha pegada indeleble na cidade ao longo da súa curta pero intensa xestión

Chema Núñez

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Hoxe, Lugo vive un día de loito e incredulidade tras a repentina morte da súa alcaldesa Paula Alvarellos. A súa partida, tan inesperada como tráxica, deixou un profundo vacío na cidade que a consideraba non só unha figura política senón tamén unha líder carismática e achegada á xente.

Desde a súa chegada ao Concello de Lugo hai algo máis dun ano, Paula Alvarellos impuxo un estilo de xestión que renovou e modernizou as estruturas municipais. A súa traxectoria como máxima rexidora destacou pola súa capacidade para xestionar retos complicados e pola súa atención ás necesidades da veciñanza. Bajo a súa dirección, o concello experimentou un impulso significativo, que moitos cualificaron de necesario despois de anos de estancamento.

A súa perda non só deixa unha marca no ámbito político, senón tamén no corazón de todos os lucenses, que a admiraban por súa proximidade, humanismo e dedicación. Os traballadores da radio COPE Lugo e todo o persoal que a acompañou ao longo da súa traxectoria, queren manifestar as súas máis sentidas condolencias á súa familia e aos seus seres queridos. A cidade entera lamenta a morte dunha muller que fixo da súa vocación pública unha forma de vida.

Nesta xornada de dor, desde COPE Lugo, facemos chegar o noso pesame máis profundo á súa familia, amigos e a todos os cidadáns de Lugo. Que o recordo de Paula Alvarellos nos inspire a seguir traballando por unha comunidade máis unida e solidaria, tal e como ela sempre promoveu.

Descanse en paz, Paula Alvarellos.