Unha escultura de gran formato lembrará aos represaliados polo franquismo no cemiterio de Lugo

A escultura, feita en granito polo artista Álvaro González de la Vega, quedará instalada na parte antiga do camposanto lucense

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

1 min lectura

Unha escultura de gran formato, elaborada polo artista Álvaro González de la Vega, lembrará na parte antiga do cemiterio municipal de San Froilán, en Lugo, “ás persoas asasinadas durante a Guerra Civil e a ditadura franquistas".

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentaron unha maqueta desa escultura para “lembrar no cemiterio municipal de Lugo a tódalas persoas represaliadas”.

Adicaremos un espazo destacado do Cemiterio Municipal á memoria, un espazo de lembranza para todas as persoas que sufriron as consecuencias de pensar diferente", explicou Cristina López.

O escultor Álvaro González de la Vega será a o artista encargado de facer esa escultura, que será realizada en granito. “Contará cun importante simbolismo, aumentando a riqueza patrimonial do eemiterio municipal", afirmou a edil de Participación.

A figura definitiva será colocada antes de final de ano para que as familias vítimas da represión teñan no cemiterio unha zona onde lembrar aos seus familiares asasinados de forma inxusta polo franquismo", insistiu.

Álvaro González de la Vega

Con vinte e dous anos trasládase a Barcelona para cursar estudos de Belas Artes. Nesta etapa inicial, a pintura é o seu medio habitual de expresión e as súas principais fontes de influencia, a fotografía e o cómic, chegando a explorar o grafiti. En 1990, tras instalarse en Corcubión, comeza a explorar a linguaxe escultórica. Para iso toma como punto de partida a figura, tanto humana como animal.

Asd primeiras obras, de madeira, caracterízanse polo uso da pintura como medio para potenciar o valor expresivo. Durante a década dos noventa, a súa linguaxe escultórica consolídase e aparece outro tipo de materiais na súa obra como o ferro, a cerámica ou a pedra.

Temas relacionados