Unha sobredose de diversión: máis de 1.300 persoas tomaron as rúas do Monforte (Lugo) para vivir un Entroido apoteósico

O Concello puxo 25.000 euros en premios para animar aos monfortinos e agrupacións de fóra do concello a participar masivamente na celebración deste ano

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

5 min lectura

O Concello de Monforte celebrou este martes o día grande do Entroido 2025, co Desfile e Concurso de Comparsas e Disfraces, que contou coa participación de máis de 1.300 persoas, que encheron as rúas da vila de festa e diversión, coa axuda dun tempo magnífico, case de primavera.

A elas engadíronse centos de persoas que se disfrazaron fóra de concurso, e que fixeron, xunto con miles de monfortinos e visitantes, que ateigaron as rúas polas que transcorreu o desfile, que este Martes de Entroido en Monforte resultara "ser todo un éxito", precisou o goberno local desta localidade, a segunda por número de habitantes da provincia de Lugo.

Cabe recordar que para esta edición de 2025, o goberno local incrementou en 4.000 euros os premios dos diferentes concursos convocados, alcanzándose os 25.000 euros total, a axuda máis alta concedida polo Concello para promocionar o Entroido monfortino. “O obxectivo foi animar á xente a que participase nos distintos concursos e actividades, contribuíndo así ó éxito do noso Entroido” salientou o alcalde, José Tomé.

Tamén remarcou o rexedor monfortino “o impulso económico que supón esta celebración, capaz de reunir na cidade a un número importantísimo de persoas, tanto de aquí como de fóra, que visitan Monforte para desfrutar dunha posta en escena divertida e colorista, na que non pode faltar a crítica e o bo humor”.

diferentes categorías

Para o concurso do Martes de Entroido, o Concello estableceu dúas modalidades, unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte de Lemos e outra para disfraces e comparsas de fóra do municipio. No primeiro caso, destinou 17.850 euros en premios, que son 2.850 euros máis que en 2024, un 19% máis. Para participantes de fóra do Concello, este ano contou con 3.150 euros en premios, 850 euros máis que en 2024, un 37% máis.

Polo concello de Monforte anotáronse nas diversas categorías de comparsas 15 colectivos, e nas categorías individuais de 1 a 3 compoñentes, houbo 11 inscricións. De concellos de fóra de Monforte, anotáronse 14 comparsas diferentes, de municipios tanto da provincia de Lugo, en concreto de Sober, Sarria, O Saviñao e Pobra de Brollón, como doutros lugares de Galicia, como Nogueira de Ramuín, Ourense ou Ferrol.

Concurso de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido

O desfile de comparsas e disfraces do Concello de Monforte comezou ás 17:00 horas na praza da Estación. Percorreu as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Praza Ponte Fontecha, rúa Compañía, e finalizou na explanada fronte o Colexio de Nosa Señora da Antiga, onde a concelleira de Cultura, Marina Doutón, disfrazada de ratiña presumida, deu a coñecer ós ganadores e gañadoras do concurso. 

A xornada concluíu coa actuación da Orquestra Suavecito.

O alcalde e o resto do equipo de goberno felicitaron aos premiados e agradeceron a tódolos participantes o esforzo que fixeron para a realización das súas propostas, ademais de animar  aos veciños a seguir participando nas actividades organizadas polo Concello que se desenvolven na cidade.

relación de premiados

-Comparsas de fóra de Monforte, 1 a 3 compoñentes:

3º- Dende a Alameda ata a Compañía chegan as dúas Marías, Sober, 150€

2º- La canción del Colacao, Sarria, 200€

1º- Recicleitor e o seu dragón da reciclaxe, Sober, 250€

-Comparsas de fora de Monforte, 4 a 24 compoñentes:

3º- A bruxa do Condado, co feitizo preparado, Ferrol, 300€

2º- Nadar por eiquí, nadar por alí, Cereixa, A Pobra do Brollón, 400€

1º- O Barraquillo, Sarria, 500€

-Comparsas de fóra de Monforte, máis de 25 compoñentes:

3º- Ribeiraos de Bolmente, Asoc. Veciños Bolmente, 300€

2º- Píde un desexo … en Sober, Anpa Virxe do Carme de Sober, 450€

1º- Asun Feiros, Anpa Colexio Asunción de Sarria, 600€

-Premio ó mellor humor: Carude cousa nosa, Comparsa Barrio Carude, 300€

-Premio á posta en escena: Al son del Torre de Lemos, Colexio Torre de Lemos, 300€

-Premio crítica de actualidade: X, Héctor Manuel Díaz López, 300€

-Premio mellor música en vivo: Tukupá, Asoc. Battuere, 300€

-Premios ás carrozas:

Accésit.- Voda “Low Cost”, Asociación PRODEME, 100€

Accésit.- Tic-Tac, ANPA A Lagoa Ceip Monforte -Colexio Novo, 100€

Accésit.- A cuncha bota fume , Corredoira, 100€

3º.- Chegaron os que faltaban, Campo San Antonio, 450€

2º.- Dragones de Lemos, Grupo De Amigos Barrio De Cobas, 600€

1º.- Memorias del Titanic, As. Cult. Os Xograres de Lemos, 800€

-Individual infantil, 1 a 3 compoñentes:

2º- Super maquinista del futuro, Manuel López Rodríguez, 150€

1º- Mi amigo el zombi y yo, Leo Salgueiro, 200€

-Comparsas infantil, de máis de 4 compoñentes:

1º- Ribeira Sacra Fest Junior, 500€

-Individual adulto, 1 a 3 compoñentes:

Accésit- Los chocolates del Tirol, Luisa Astray, 100€

3º- Como che cambiou o Conto!!!, Adelina Deus González, 150€

2º- El Faraón y la princesa Cleopatra, Mª Rocío Rodríguez Gonda 200€

2º- Robots, Julio César Gómez Pérez, 200€

1º- María Antonieta y su Corte, Víctor Monserrat Prats, 300€

-Comparsas entre 4 e 24 compoñentes:

3º- As medusas máxicas do Sil, 300€

2º- Tukupá, Asoc. Battuere, 400€

1º- Ribeira Sacra Fest, 500€

-Comparsas entre 25 e 50 compoñentes:

2º- A cuncha bota fume, Corredoira, 500€

1º- Dragones de Lemos, Grupo De Amigos Barrio De Cobas, 700€

-Comparsas entre 51 e 90 compoñentes:

Accésit- Nimbawa, Clube Quicela Ximnasia Rítmica, 300€

Accésit- Al son del Torre de Lemos, Colexio Torre de Lemos, 300€

3º- Chegaron os que faltaban, Campo San Antonio, 400€

3º- Memorias del Titanic, As. Cult. Os Xograres de Lemos, 400€

2º- Tic-Tac, ANPA A Lagoa Ceip Monforte -Colexio Novo, 550€

2º- Mundo Rabbit, Colexio Ferroviario, 550€

1º- Voda “Low Cost”, Asociación PRODEME, 800€

-Comparsas de máis de 90 compoñentes:

2º- Carude cousa nosa, Comparsa Barrio Carude, 1.000€

1º- O rebaño de Celia, ANPA CEIP A Gándara, 1.500€

Ramudo

Pasou polo desfile un grupo de ovellas moi divertidas

José Tomé destacou o “éxito rotundo do Martes de Entroido, que contou con máis de 1.300 participantes no desfile, nun día sen choiva nin frío que contribuíu o normal desenvolvemento do desfile de comparsas e disfraces, e propiciou que as rúas se encheran de miles monfortinos e visitantes”.

Temas relacionados