RIBADEO
ACISA lamenta o pasamento do seu expresidente Pablo Vizoso
Foi o máximo responsable da entidade entre os anos 1992 e 1999
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
Acisa lamenta o pasamento do ex presidente da asociación, Pablo Vizoso Iglesias, ocorrido este sábado.
A entidade fíxolle chegar o seu pesar á familia e amigos, que esta tarde será soterrado en San Pedro de Benquerencia (Barreiros).
Vizoso foi o segundo presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
Ocupou ese cargo de 1992 a 1999, substituíndo no mesmo a Andrés Tojal e cando se celebrou o 25 aniversario da creación de Acisa subliñaba a importancia de "contar cunha voz que aglutine ao empresariado ribadense".