MARIÑA

Adolescentes de Alfoz e Valadouro debaten sobre igualdade co programa CATUXA

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

programa CATUXA, de sensibilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes destinado á poboación adolescente, deu comezo esta semana cunha actividade dirixida ao alumnado do IES Alfoz-Valadouro.

O acto tivo lugar no Centro Sociocultural do municipio alfocense, onde se atopa a exposición ‘Á violencia de xénero dille non’. Alí, unha experta en igualdade e violencia de xénero do equipo CATUXA foi a encargada de dinamizar unha actividade arredor da mesma.

De feito, esta exposición, promovida pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, é unha mostra gráfica dirixida á mocidade para que esta saiba recoñecer, identificar e rexeitar as condutas sexistas nocivas nas súas relacións.

Segundo avanzou a directora de RETNOVA, Rosa Torrado -empresa responsable do programa CATUXA-, "faranse actividades similares nunha ducia de centros da Mariña, destinadas ao alumnado de 3º e 4º da ESO".