Cervo

El Ayuntamiento de Cervo declaró la caducidad de la licencia urbanística del esqueleto del Castro da Atalaia

Esta decisión impide que puedan retomar unas obras paralizadas desde hace varios años

Castro da Atalaia

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O Concello de Cervo xa declarou a caducidade da licenza urbanística do esqueleto ubicado no Castro da Atalaia que lle fora outorgada no seu momento a Promociones San Ciprián S.L. Este trámite ratifica que as obras iniciadas non poden continuar ao non existir ningún permiso en vigor que as ampare; a construción, pois, xa non está avalada por ningún título xuridíco-administrativo. Ademais, o rexedor, Alfonso Villares, anunciou que no día de hoxe “xa iniciamos tamén os trámites administrativos para declarar a reposición da legalidade urbanística respecto á construción dese esqueleto no que se planificaron no seu día 42 vivendas”. Tal e como apuntou Villares, “estamos a dar os pasos correctos, e sen demorarnos, para lograr o obxectivo do Concello de Cervo, que non é outro que o de derrubar tanto esta construción, como o edificio de vivendas deshabitado que hai o carón e que leva máis de trinta anos construido; e poñer en valor o xacemento, inventariado por Patrimonio no ano 2007, que forma parte do patrimonio cultural e natural dos e das cervenses”. Sabemos que o proceso, pola súa complexidade, pode dilatarse no tempo, -engadiu- pero “o importante é seguir o camiño apropiado, como se está a facer, para recuperar o estado orixinal desta parcela”. O Concello de Cervo xa redactou, ademais, un Plan Especial de Protección do Castro que delimita toda a zona afectada e regula a execución das actuacións de recuperación, rehabilitación ou mellora da superfie a preservar; e fixa as normas xerais de urbanización e infraestruturas neste ámbito protexido, entre outos aspectos.