Cervo

El Ayuntamiento de Cervo ha iniciado los trabajos de vallado en el Campo de Fútbol Municipal de A Veiga

La actuación de mejora de las instalaciones deportivas supone una inversión de 15.000 euros procedentes dse las arcas municipales

Cierre Campo A Veiga

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A previsión é que a obra estea rematada antes do vindeiro partido do C.D. San Ciprián a domicilio, o 17 de febreiro Cervo, 30 de xaneiro de 2019.- O Concello de Cervo continúa a mellorar as instalacións deportivas municipais. Nesta ocasión, o rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, acompañados por varios membros da directiva do C.D. San Ciprián, estiveron supervisando os traballos de valado de todo o perímetro do Campo Municipal da Veiga, que xa comezaron, e que se estima que estean rematados antes do seguinte partido a domicilio, o 17 de febreiro, ante o Pastoricense. A actuación, consistente na fixación de valos dun metro de altura, conta cun orzamento de 15.000 euros procedentes das arcas municipais, e ten por finalidade separar o terreo de xogo da zona destinada ao espectador. Ata o momento, só estaba pechado un dos frontais do campo.