Cervo
El Ayuntamiento de Cervo invierte 30.000 euros para la reforma integral del gimnasio de la piscina municipal
Esta semana comenzará el traslado de las máquinas a una sala habilitada provisionalmente para su utilización mientras realizan los trabajos
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, achegáronse ata a piscina olímpica municipal, onde anunciaron un investimento de 30.000 euros procedentes das arcas municipais, para a reforma integral do ximnasio. As obras, tal e como precisaron, comezarán de xeito inminente, de tal xeito que esta mesma semana –o xoves previsiblemente- comezará o traslado das máquinas a unha sala provisional que estará habilitada mentras duren os traballos que se estima que se prolongarán durante un mes, sempre e cando o permita o tempo. Tal e como explicaron “faremos unha reforma integral das instalacións actuando na cuberta, na estrutura e no piso - que se verá reforzado naquelas zonas nas que empreguen elementos como son as pesas-. Durante este mes, as persoas usuarias terán á súa disposición moitas das máquinas –non todas polas limitacións de espazo-; pero estes traballos redundarán a curto prazo nunha mellora ostensible do ximnasio municipal, para uso e desfrute da veciñanza”. Ademais, Villares e Soto apuntaron que “para reforzar a seguridade nesta instalación municipal tamén se vén de instalar un sistema de vídeovixilancia nas zonas comúns”. Estes traballos veñen sumarse ao investimento de máis de 65.000 euros que se fixo no ano que vén de rematar, para mellorar o sistema de climatización, co que se conseguiu que a piscina teña a día de hoxe as mellores condicións de temperatura e humidade da súa historia; baixando a humidade relativa do 80 ao 60%, e logrando que a temperatura ambiente sempre estea agora por enriba da temperatura da auga.